Kure (呉市, くれし, Kure-shi) é un concello xaponés da prefectura de Hiroshima. Está situado na parte centro-oeste da zona costeira da prefectura, no centro da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshu. Ten 353,76 km² de superficie, unha poboación de 244.089 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 690 hab./km².