Raúl Morodo

Modelo:BiografíaRaúl Morodo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Raúl Morodo Leoncio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Embaixador de Espanha em Portugal (pt) Traducir
1995 – 1999
← José Joaquín Puig de la Bellacasa (pt) TraducirJosé Rodríguez-Spiteri (pt) Traducir →
Nomeado por: Javier Solana
Eurodeputado

25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España

Eurodeputado

6 de xullo de 1987 – 24 de xullo de 1989

Circunscrición electoral: España
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de xullo de 1977 – 23 de marzo de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Ambassador of Spain to Venezuela (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, diplomático, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enTransición Española Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoAndrés de Blas Guerrero, Ramón Cotarelo García e Alberto Reig Tapia Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1720871 Dialnet: 43337

Raúl Morodo Leoncio, nado en Ferrol en 1935, é un xurista, embaixador e político galego.

Traxectoria

Estudou ata o bacharelato no Colexio Tirso de Molina de Ferrol, e en 1952 marcha a Salamanca para estudar dereito. Na capital salmantina licenciouse en 1958 e doutorouse posteriormente.

En 1968, con outras persoas entre as que se contaba Enrique Tierno Galván, funda en Madrid o Partido Socialista del Interior (PSI), e será o seu primeiro secretario xeral. Pola súa actividade política durante o franquismo será detido e desterrado a aldeas da provincia de Albacete. En 1974 o PSI muda o seu nome polo de Partido Socialista Popular (PSP). En 1977 obtén un dos cinco escanos desta formación nas eleccións a Cortes Constituíntes, pola circunscrición de Madrid. En 1978 o seu partido fusiónase co PSOE, e el abandona a política de primeira fila e tamén loxicamente a secretaría xeral do PSP. Trala vitoria do PSOE, en 1983 é nomeado embaixador-representante permanente de España na Unesco, posto que ocuparía durante dous anos.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1987 sae elixido na candidatura do Centro Democrático y Social, encabezada por Eduard Punset, e en 1989 revalida de novo ese escano, malia o retroceso xeral da súa formación. Dende ese 1989 e ata 1992 foi vicepresidente da Internacional Liberal y Progresista. En 1991 presentouse ás eleccións a presidente do CDS, nunha candidatura conxunta con Rosa Posada como secretaria xeral, pero foron derrotados polo tándem que compuñan Rafael Calvo Ortega (presidente) e Antoni Fernández Teixidó (secretario xeral) por 445 votos a 339.

Afastado de novo da política, reincorporouse ao ensino universitario, pois desde que se doutorara en Salamanca fora sucesivamente profesor de dereito político nas universidades de Oviedo, Alcalá de Henares, UNED e Complutense, nesta última dende 1976. En 1995, baixo o último goberno de Felipe González, regresa á vida diplomática, e resulta nomeado embaixador en Portugal, cargo que proseguirá ata 1999, xa baixo o goberno de José María Aznar. En 2004 José Luis Rodríguez Zapatero noméao embaixador en Venezuela e a partir de 2005 faise cargo tamén da legación da Guïana. En 2007 é relevado dos dous cargos, e pasa a un segundo plano da vida política.

Ademais, Morodo foi reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo dende 1980 ata 1983.

Obras

  • Siete semblanzas políticas: republicanos, falangistas, monárquicos, Barcelona: Planeta, 2010, 1ª, 265 pp.
  • Fernando Pessoa y otros precursores de las revoluciones nacionales europeas. Madrid: Biblioteca Nueva, 2005
  • La transición política; prólogo de Alfonso Guerra. Madrid: Ed. Tecnos, 1994; reed. Madrid: Tecnos, 2004
  • Atando cabos: Memorias de un conspirador moderado. Madrid: Taurus, 2001
  • Con Pablo Lucas Murillo de la Cueva El ordenamiento constitucional de los partidos políticos. México: Universidad Nacional Autónoma, 2001
  • Teatro de liberación: Rafael Alberti, García Lorca, Sartre, Ed. Girol (1989)
  • Tierno Galván y otros precursores políticos. Madrid: El País, 1987
  • Los orígenes ideológicos del franquismo: Acción Española. Madrid: Alianza Editorial, 1985, 2ª ed.
  • Por una sociedad democrática y progresista. Madrid: Turner, 1982
  • VV. AA. Los partidos políticos en España, Barcelona, Lábor, 1979.
  • Con Enrique Tierno Galván, Estudios de pensamiento político (1976).
  • Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965. Taurus, 1970.
  • El federalismo y el federalismo europeo, Tecnos (1965)