Ravi Shankar (en bengalí: রবি শংকর); nado como Robindro Shaunkor Chowdhury en Varanasi o 7 de abril de 1920 e finado en San Diego (California) o 11 de decembro de 2012[1] foi un músico e compositor indio de sitar. Foi descrito por Hans Neuhoff en Musik in Geschichte und Gegenwart como o músico indio contemporáneo máis coñecido.[2]
Traxectoria
Discípulo de Allauddin Khan (fundador do Maihar gharana de música hindú clásica), Pandit Ravi Shankar foi posiblemente o instrumentista hindú máis recoñecido, feito provocado pola súa asociación cos The Beatles así como polo seu carisma persoal. A súa carreira musical durou máis de seis décadas e Shankar actualmente mantén o Récord Guinness de ter a carreira internacional máis longa.
Tivo dúas fillas, e ambas continuaron no mundo da música; a cantante e pianista Norah Jones e a sitarista Anoushka Shankar.
Discografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas