Rafael de Balbín Lucas, nado en Alcañices (provincia de Zamora) o 5 de marzo de 1910 e finado o 27 de xaneiro de 1978 en Madrid, foi un catedrático universitario e escritor español en lingua castelá, especialista na obra de Gustavo Adolfo Bécquer.
Traxectoria
Licenciado en Dereito pola Universidade de Valencia e en Filosofía e Letras pola Universidade de Zaragoza, foi catedrático de Lingua e Literatura españolas na Universidade de Oviedo e de gramática xeral e de crítica literaria na Universidade Central de Madrid. Foi, primeiro secretario e despois director, do Instituto Miguel de Cervantes do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Obra
Selección:
- Romances de Cruzada, Santarén, 1941.
- Días con dios, Ediciones Rialp, 1951.
- Poetas modernos (siglos XVIII y XIX), CSIC, 1953.
- Sistema de ritmica castellana. Editorial Gredos, 1962.
- Gramática de la lengua vulgar de España, CSIC, 1966.
- Poética becqueriana, Prensa Española, 1969.
- Sacrificio y alegría, Ediciones Rialp, 1973.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas