Autora destacada na ficción social nordestina. Foi a primeira muller a ingresar na Academia Brasileira de Letras. En 1993, foi a primeira muller galardoada co Premio Camões.[2] Ingresou na Academia Cearense de Letras o día 15 de agosto de 1994, na ocasión do centenario da institución.[2]
Rachel era filla de Daniel de Queiroz Lima e Clotilde Franklin de Queiroz, descendente polo lado materno da familia de José de Alencar.
En 1925 concluíu o curso normal no Colexio da Inmaculada Conceição. Comeza a interesarse pola política social en 1928-1929 ao ingresar no que restaba do Bloco Operário Camponês en Fortaleza, formando o primeiro núcleo do Partido Comunista Brasileiro. En 1933 comeza a disentir da dirección e aproxímase a Lívio Xavier e o seu grupo en São Paulo, alí indo morar até 1934. Milita entón con Aristides Lobo, Plínio Mello, Mário Pedrosa, Lívio Xavier, afiliándose ao sindicato dos profesores de ensino libre, controlado naquel tempo polos trotskistas.[2]
Despois, viaxa para o norte en 1934, permanecendo alí até 1939. Xa escritora consagrada, múdase para o Río de Xaneiro. O mesmo ano foi agraciada co Premio Felipe d'Oliveira polo libro As Três Marias. Escribiu aínda João Miguel (1932), Caminhos de Pedras (1937) e O Galo de Ouro (1950)..[3]
Foi prendida en 1937, en Fortaleza, acusada de ser comunista. Exemplares das súas novelas foron queimadas. En 1964, apoiou a ditadura militar que se instalou no Brasil. Integrou o Consello Federal de Cultura e o diretório nacional da ARENA, partido político de sustentação do réxime.[4]
En 1932, casou co poeta José Auto da Cruz Oliveira, separándose en 1939. No ano seguinte, casou novamente co médico Oyama de Macedo, con quen permanece até o seu falecemento en 1982.[5]
Morreu o 4 de novembro de 2003, vítima de problemas cardíacos, no seu apartamento no Río de Xaneiro, días antes de completar 93 anos.
Xornalismo e literatura
A autora é celebrada como un dos principais representantes do rexionalismo modernista.[6]
Aos dezanove anos, ficou recoñecida no Brasil ao publicar O Quinze (1927), novela que mostra a loita do pobo nordestino contra a seca e a miseria. Demostrando preocupación por cuestións sociais e hábil na análise psicolóxica dos seus personaxes, destaca polo desenvolvemento da novela nordestina.
Publicou un volume de memorias en 1998. Transforma a súa Fazenda Não Me Deixes, propiedade localizada en Quixadá, estado do Ceará, en reserva particular do patrimonio natural.
En 1955 publicou o seu primeiro drama, "Lampião" baseado na vida do lendario "cangaceiro" (xusticieiro) do Nordeste. A obra foi representada no Río de Xaneiro, no Teatro Municipal, e en São Paulo, no Teatro Leopoldo Fróes. En 1971 entresouse na literatura infantil con "O Menino Mágico",que levou o premio "Jaboti" da "Câmara Brasileira do Livro".
Rachel de Queiroz dedicouse sobre todo ao xornalismo. Estreouse na prensa no xornalO Ceará, escribindo crónicas e poemas de carácter modernista so o pseudônimo de Rita de Queluz. Escribiu unha columna semanal para o diario "O Estado de São Paulo".[7] Colaborou durante anos no "Diário de Notícias", logo na revista "O Cruzeiro", onde foi cronista exclusiva. Tamén colaborou en "O Jornal", "Última Hora", e "Jornal do Comércio". De aí xurdiu o libro de crónicas "A Donzela e a Moura Torta", publicado en 1948. Seguiría en 1958 "100 Crônicas Escolhidas".[8]
No fin da vida, cuestionada sobre o porqué de continuar escribindo literatura, respondeu: “Vostede quedou embarazada? Cando se queda embarazada é imperativo parir.”[9]
Academia Brasileira de Letras
Concorreu contra o xurista Pontes de Miranda para a vaga de Cândido Moto Fillo da cadeira 5 da Academia Brasileira de Letras. A votación do 4 de agosto de 1977 foi de 23 votos, contra 15 datos ao opositor e un en branco. Tomou posesión o 4 de novembro de 1977.[10] Recibida por Adonias Fillo, foi a quinta ocupante da cadeira 5, que ten como patrono Bernardo Guimarães. Foi a primeira muller que ingresou na ABL.
Principais premios
Premio Fundación Graza Araña para O quince, 1930
Premio Sociedade Felipe d' Oliveira para As Tres Marias, 1939
Premio Saci, do Estado de S. Paulo, para Lampião, 1954
Premio Machado de Assis, da Academia Brasileira de Letras, polo conxunto de obra, 1957
Premio Teatro, do Instituto Nacional do Libro, e Premio Roberto Gomes, da Secretaría de Educación do Río de Xaneiro, para A cabicha Maria do Egito, 1959
Premio Jabuti de Literatura Infantil, da Cámara Brasileira do Libro (São Paulo), para O menino mágico, 1969
Premio Nacional de Literatura de Brasilia para conxunto de obra en 1980
Título de Doutor Honoris Causa pola Universidade Federal do Ceará, en 1981
Medalla Mariscal Mascarenhas de Morais, en solemnidade realizada no Club Militar, en 1983
Medalla Río Branco, do Itamarati, 1985;
Medalla do Mérito Militar no grao de Grande Comendador, 1986
Medalla da Inconfidência do Goberno de Minas Xerais, 1989
Premio Camões, o maior da Lingua Portuguesa, 1993, sendo a primeira muller a recibilo[11]
Título de Doutor Honoris Causa pola Universidade Estadual do Ceará - UECE, 1993
Título de Doutor Honoris Causa pola Universidade Estadual Vale do Acaraú, de Sobral, en 1995
Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique de Portugal, 25 de marzo de 1996[12]
Premio Moinho Santista de Literatura, 1996, de entre outros moitos premios e títulos
Título Doutor Honoris Causa da Universidade Estadual do Río de Xaneiro, 2000
Medalla Boticário Ferreira, do Concello de Fortaleza, 2001.
Trofeo Cidade de Camocim en 20 de xullo de 2001 - Academia Camocinense de Letras e Prefectura Municipal de Camocim
Obras
Novelas
O Quinze (1930)
João Miguel (1932)
Caminho de Pedras (1937)
As três Marias (1939)
Dora, Doralina (1975)
O galo de ouro (1985)
Memorial de Maria Moura (1992)
Pezas de teatro
Lampião (1953)
A beata Maria do Egito (1957)
Teatro (1995)
Lampião; A Cabicha Maria do Egito (libro-2005)
Crónicas
A donzela e a moura torta (1948)
100 crônicas escolhidas (1958)
O brasileiro perplexo (1964)
O caçador de tatu (1967)
As menininhas e outras crônicas (1976)
O jogador de sinuca e mais historinhas (1980)
As terras ásperas (1993)
Falso mar, falso mundo (2002)
Un Alpendre, unha rede, un açude - 100 crónicas escollidas
O home e o tempo - 74 crónicas escollidas
Literatura infanto xuvenil
O menino mágico (1967)
O jogador de sinuca e mais historinhas (1980)
Cafute e pena-de-prata (1986)
Coa irmá Maria Luiza de Queiroz Salek
Noso Ceará, relato, (1996) (en parceria coa irmá Maria Luiza de Queiroz Salek)
Tantos Anos, autobiografía (1998) (coa irmá Maria Luiza de Queiroz Salek)
Non me deixes: súas historias e súa cozinha, memorias gastronómicas (2000)
Reunidas de Narrativa
Tres novelas (1948)
Catro novelas (1960)
Seleta (1973). selección de Paulo Rónai; notas e estudos de Renato Cordeiro Gomes
O día 4 de decembro de 2003, un mes despois da súa morte, foi lanzado na Academia Brasileira de Letras o libro Rachel de Queiroz, Um perfil biográfico da escritora, froito dunha longa pescuda realizada pola xornalista Socorro Acioli, publicado polas Edicións Demócrito Rocha.
A súa biografía foi narrada no libro No Alpendre con Rachel, de autoría de José Luís Lira, lanzado na Academia Brasileira de Letras en 10 de xullo de 2003, poucos meses antes do falecemento da escritora.
Obras traducidas no exterior
Obra
Idioma
Título
Tradutor(a)
Datos de publicación
O Quince
Alemán
Das Jahr 15: Roman
Ingrid Schwamborn
Frankfurt am Main: Suhrkamp, 1978.
Frankfurt am Main: Suhrkamp, 1994.
Francés
L'année de la grande secheresse
Jane Lessa e Didier Voïta
París: Stock, 1980.
La terre de grande soif
Paula Anacaona
[S.I.]: Anacaona, 2014.
Español
Tierra de silencio
Basilio Losada Castro
Barcelona: Alba Editorial, 1995.
Memorial de Maria Moura
Francés
Maria Moura
Cécile Tricoire
París: Métaillé, 1995.
Alemán
Maria Moura: Roman
Ulrich Kunzmann
München: Schneekluth, 1998.
Bergisch Gladbach: Bastei Lübbe, 2001.
Italiano
Memoriale di Maria Moura
Sandra Biondo
Roma: Cavallo di Ferro, 2006.
As Tres Marias
Inglés
The three Marias
Fred Pittman Ellison
Austin: University of Texas Press, 1963.
Alemán
Die drei Marias
Ingrid Führer
München: Deutscher Taschenbuch Verlag, 1994.
João Miguel
Francés
Jean Miguel
Mario Carelli
París: Stock, 1984.
João Miguel
Paula Anacaona
París: Anacaona Éditions, 2015.
Biografías e memorias
Eduardo VI e o seu tempo (1935) – André Maurois
A exiliada: retrato dunha nai americana (1943) – Pearl Buck
“Eu nunca fun unha moza de bo comportamento. Puidera, nunca tiven vocación para alegría tímida, para paixón sen orgasmos múltiplos ou para o amor mal resolvido sen choros. Eu quero da vida o que ela ten de cru e de belo. Non estou aquí para gustar aos demais. Estou aqui para aprender a gozar de cada detalle que teño.”
“Non son feminista. Coido que a sociedade ten que crecer en conxunto. A asociación muller e home é moi boa e creo que é un grande erro combater o home.”
“Fálase moito da crueldade e da brutaliade do home medieval. Mais o home moderno será mellor?”
“As persoas nacen e morren soas. E talvez por iso mesmo é que se precisa tanto de vivir acompañado.”
“Infelizmente non creo en Deus. Coido que é unha grande pobreza non ter unha fe. É un desamparo, unha soidade moi grande.”