Raúl Arévalo Zorzo, nado en Móstoles, Madrid o 22 de novembro de 1979 é un actor e director español.
Comezou a súa carreira como actor na serie Compañeros, onde interpretou o papel de Carlos durante dúas temporadas entre 2001 e 2002. A oportunidade chegoulle cando aínda non rematara os seus estudos na escola de Cristina Rota.
O seu primeiro filme foi Los abajo firmantes de Joaquín Oristrell, xunto a Javier Cámara, Fernando Guillén e María e Juan Diego Botto entre outros.
O 2 de setembro de 2016, presentou o seu primeiro filme como director, Tarde para la ira, protagonizado por Antonio de la Torre, na Mostra de Venecia.[1] O filme gañou o Goya á mellor película e Arévalo levou o Goya ó mellor director novel do 2016.