Che é un filme biográfico dividido en dúas partes sobre o revolucionario marxista Ernesto "Che" Guevara. Dirixido por Steven Soderbergh e protagonizado por Benicio del Toro, foi estreado no 2008. Máis que seguir unha orde cronolóxica, o filme ofrece unha serie oblicua de intres encadrados nunha mesma liña temporal. A Parte un titulada The Argentine céntrase na Revolución cubana dende a chegada de Fidel Castro, Guevara, e outros revolucionarios a Cuba até a súa vitoria sobre o ditador Fulgencio Batista dous anos despois. A Parte Dous titulada Guerrilla céntrase no intento de Guevara de levar a revolución a Bolivia e a súa morte.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas