Pío I, chamado logo san Pío, nado quizais en Aquileia e morto posiblemente en Roma en 154, foi bispocristián desa diocese entre os anos 142 e 154, e por conseguinte primeiro dunha longa lista de papas que recibiron ese nome.
Vida e pontificado
O Fragmento de Muratori sinala que Pío I era irmán do Hermas que escribiu o tratado O pastor; polo tanto, se o que nese documento se conta é verídico, Pío I debeu nacer como escravo. Outras fontes din que quen foi escravo foi seu pai, pero que tanto el como seu irmán xa naceron como homes libres.
A Pascua, que xa se celebraba en domingo dende Telesforo, crese que foi colocada por Pío I o domingo despois da lúa chea de marzo. Autorizou o bautismo dos xudeus conversos ao cristianismo
Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. A súa festa é o 11 de xullo.
Parroquias en Galicia
Non hai ningunha parroquia en Galicia baixo a advocación de san Pío.