Programa Copérnico
O programa Copérnico, Copernicus, anteriormente chamado Global Monitoring for Environment and Security (GMES), é un proxecto creado conxuntamente pola Axencia Espacial Europea (ESA) e pola Unión Europea a través da Axencia Europea do Medio Ambiente, que pretende lograr unha completa, continua e autónoma capacidade de observación terrestre de alta calidade con resultados accesibles libremente pola comunidade científica ou calquera outra persoa interesada. Un dos servizos que ofrece é o Servizo de Cambio Climático Copernicus (C3S), centrado no monitoreo e proxeccións climáticas. O obxectivo xeral é prover de información exacta, fiable e continua, para, entre outras cousas, mellorar a xestión e conservación do medio ambiente, comprender e mitigar os efectos do cambio climático e asegurar a seguridade civil. Pretende agrupar diferentes fontes de información, satélites ambientais e bases terrestres, para proporcionar unha visión global do "estado de saúde" da Terra. ![]() O custo do programa de 1998 a 2020 estímase en 6700 millóns de euros, dos que uns 4300 M€ pertencen ao período 2014-2020 e serán compartidos entre a UE (2/3) e a ESA (1/3), cuns beneficios estimados en 30 000 millóns de euros para 2030.[1] A ESA, como patrocinador principal, levou a cabo a maior parte do deseño, e supervisa e cofinancia o desenvolvemento das misións Sentinel, que consisten en polo menos dous satélites cada unha. O programa tamén proverá os instrumentos MTG (Meteosat de Terceira Xeración) e o MetOp-SG (Meteorological Operational Satellite - Second Generation), que forman parte da EUMETSAT. A ESA e a EUMETSAT coordinaranse para recoller información dun total duns 30 satélites para contribuír ao programa Copérnico. A información xeoespacial proporcionada por Copérnico pode ser agrupada en seis temas interactivos:
Os dous últimos foron anunciados durante o Forum GMES en Lille en setembro de 2008. O programa Copérnico apóiase en tres alicerces:
HistoriaEnvisat foi precedido dos dous satélites baixo a denominación de ERS, European_Remote_Sensing_satellite. Durante décadas, institucións nacionais e europeas fixeron un esforzo substancial en I+D no campo da observación terrestre. Estes esforzos fixeron posibles grandes logros durante moito tempo, pero sempre estaban suxeitos ás limitacións das actividades I+D (por exemplo falta de soporte a longo prazo). A idea de sistema global e continuo de observación terrestre foi desenvolvida baixo o nome de Global Monitoring for Environment and Security (GMES), posteriormente renomeado como Copérnico despois de que a Unión Europea comezase a financiar e desenvolver o programa. Entre 2014 e 2015 entrou na fase operacional. A clave para comezar coas operacións de Copérnico foi ter unha estrutura gobernamental e un modelo de negocio apropiado que apoie a continuidade e sostibilidade destes servizos. O programa Copérnico foi pasando de I+D a un servizo operacional nunha serie de pasos:
A seguinte lista amosa acontecementos importantes na historia do programa:
Misións de observación terrestreMisións SentinelA Axencia Espacial Europea está na actualidade desenvolvendo 6 (+1) misións baixo o programa Sentinel. As misións Sentinel inclúen observacións por radar e imaxes de amplo espectro para a vixilancia de continentes, océanos e a atmosfera. Cada misión Sentinel está constituída por 2 satélites para asegurar que cobren o establecido para cada misión, xerando unha robusta base de dados para os servizos Copernicus. É unha colaboración entre ESA, NASA, Eumetsat e a NOAA, con contribución da axencia espacial francesa CNES.[4] Resumo dos obxectivos das misións Sentinel: Sentinel 1Sentinel-1 prové as imaxes de radar para a información meteorolóxica durante o día e a noite nos continentes e océanos. O primeiro, Sentinel-1A, foi lanzado con éxito o 3 de abril de 2014 pola axencia Arianespace nun foguete espacial Soiuz, desde o porto espacial de Kourou. O segundo, Sentinel-1B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2016. Xa están contratados os dous seguintes (1C e 1D), que substituirán ós dous primeiros (1A e 1B).[5] De xeito recente (2019) foi usado para seguir a deformación do chan arredor do monte Agung despois da súa última erupción.[6] A súa vida operativa estaba estimada en sete anos, superando as previsións.[5] Sentinel 2Sentinel-2 prové de imaxes ópticas de alta resolución para servizos terrestres (por exemplo, monitorización da vexetación, chan, zonas acuáticas interiores, ríos, lagos, e rexións costeiras). O primeiro, Sentinel-2A, foi lanzado o 23 de xuño de 2015. O segundo, Sentinel-2B, foi lanzado o 7 de marzo de 2017, ambos a bordo do vehículo de lanzamento Vega, desde o Porto espacial de Kourou. Cada satélite transporta unha cámara de alta resolución que toma imaxes da Terra en 13 bandas espectrais, incluído o infravermello.[7] A misión é usada para seguir os cambios no uso da terra e facer seguimento da vexetación.[8] Asemade, ten feito un conxunto de mapas de Europa nunha resolución de 10 m. Ambos satélites están situados en órbitas a uns 800 km de altura.[9] Sentinel 3Sentinel-3 prové de servizos globais de monitorización da Terra e os océanos. O primeiro, Sentinel-3A, foi lanzado o 16 de xaneiro de 2016 a bordo dun foguete Rokot desde o Cosmódromo de Plesetsk, en Rusia. O segundo, Sentinel-3B, foi lanzado da mesma forma o 25 de abril de 2018. Sentinel 4Sentinel-4 será un espectrómetro nas bandas visible e infravermello próximo, que será montado o satélite Meteosat de 3ª xeración (MTG) e será usado para a monitorización da atmosfera só da zona europea. Desde a súa órbita xeoestacionaria, devolverá datos cada hora sobre gases contaminantes, ozono, radiación ultravioleta e vixilancia climática en xeral. Será lanzado en 2021. Sentinel 5 precursor (Copernicus Sentinel 5P)Sentinel-5 precursor, conxunto previo ó Sentinel-5, ten como principal obxectivo substituír a falta de datos atmosféricos durante o período comprendido entre a perda do Envisat (en 2012) até a posta en órbita do Sentinel-5 en 2021. Foi lanzado en 2017 como primeiro satélite adicado a facer un seguimento atmosférico e subministrar de xeito regular imaxes da Terra para a detección de emisións.[7] As medidas son tomadas polo espectrómetro Tropomi. En 2020, melloras no tratamento de datos e a coordinación cos datos de Sentinel 2 permiten detectar, cuantificar e atribuír as fontes de metano atmosférico. Sentinel 5Sentinel-5 proverá de monitorización da composición atmosférica a nivel global e será embarcado a bordo do satélite MetOp de segunda xeración de EUMESAT, que será lanzado en 2021. Sentinel 6Sentinel-6, alcumado Michael Freilich, é un intento de substituír o altímetro de alta precisión do satélite Jason-3. Servirá para medir a topografía dos océanos a nivel mundial, unha indicador clave do cambio climático, e moi interesante para estudos oceanográficos. O seu lanzamento foi efectuado o 21 de novembro de 2020[10], dende Vandenberg, California, nun SpaceX Falcon 9 e provisto dos instrumentos altímetro radar Poseidon-4 de frecuencia dual C e Ku, e un radiómetro microondas.[11] Ten prevista unha vida útil de ao menos 10 anos. A súa altitude orbital será 1336 km, en órbitas cunha inclinación de 66 º, co que cubrirá o 95 % dos océanos cada 10 días. Traballa en tándem co Jason 3, significando unha necesidade de aproximación da posición na órbita de 30 s como máximo, isto é, 230 km de variación.[4] En xuño de 2021 entrou en operación despois de seis meses de calibrado instrumental, tendo un erro de funcionamento estimado en 2 mm.[10] ROSE-LA misión ROSE-L (Copernicus Radar Observation System for Europe in L-band) é un proxecto de vixilancia ambiental que está previsto que sexa lanzada en 2028, cunha duración de 7,5 anos.[12] Está previsto que sexa desenvolvida pola ESA e Thales Alenia Space. Subministrará información sobre bosques e cuberta terrestre, mellorando o coñecemento do ciclo do carbono na Terra. Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |