Piteas

Modelo:BiografíaPiteas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(grc) Πυθέας Editar o valor en Wikidata
c. 359 a. C. Editar o valor en Wikidata
Massália (Grécia Antiga), Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mortec. 289 a. C. Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Actividade
Ocupaciónexplorador, astrónomo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IV a. C. Editar o valor en Wikidata)

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Pytheas Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1072292

Piteas (c.-380 – c.-310 a.C.) foi un navegante, xeógrafo e explorador grego da colonia focea de Massilia (actual Marsella).

Traxectoria

Fixo unha viaxe de exploración polo noroeste de Europa arredor do ano 325 a.C. Piteas describiu as súas viaxes no libro Περὶ τοῦ Ὠκεανοῦ (Sobre o Océano), da que só se conservan fragmentos, citados por outros autores. Polibio e Estrabón, entre outros, acusaron a Piteas de describir unha viaxe que nunca realizou, un dos poucos en defendelo foi Eratóstenes. Pero o certo é que Piteas estimou a circunferencia de Gran Bretaña cun 2'5% de erro, e hai evidencias que usou a Estrela polar. Estudou as mareas en Gades, e puido descubrir que a lúa era quen as causaba. Na súa viaxe visitou as Illas Británicas, Galia, as Orcadas, Noruega e as Shetlands e citou unha afastada terra denominada Thula, que algúns identificaron como unha das illas Casitérides, aínda que actualmente os investigadores inclínanse por pensar que é unha illa norueguesa ou mesmo Islandia. Na súa viaxe calculou a localización e distancia do coñecido como o cabo dos Ártabros.