Pilar Punzano
Pilar Punzano, nada en Madrid o 15 de febreiro de 1980, é unha actriz española. TraxectoriaO seu debut cinematográfico tivo lugar en 1998, da man do cineasta galego Carlos Amil na pelícual Blanca Madison, da que foi protagonista. Tamén no 98 participou na curtametraxe Jazzoo. Ó ano seguinte rodaría París Tombuctú (1999) ás ordes de Luis García Berlanga e en 2000 participou nas curtametraxes Dos niños solos e Soirée e na película Cascabel, de Daniel Cebrián. Nesa mesma época participou durante unha temporada na serie xuvenil do momento, Compañeros no papel de Miriam, que retomaría cunha pequena colaboración en 2001 na película No te fallaré, baseada na serie. Tamén en 2001 protagonizou a película Amor, curiosidad, prozak y dudas (2001), de Miguel Santesmases e apareceu na curtametraxe Nada que perder e nas series televisivas Hospital Central e Paraíso (serie), realizando colaboracións puntuais. En 2002 rodou as películas ¿Dónde está?, de Juan Carlos Claver, No debes estar aquí, de Jacobo Rispa e Entre abril y julio, de Aitor Gaizka e a curtametraxe Si tú supieras, de Curro Velázquez. En 2003 incorpórase cun papel fixo á serie El Comisario, onde interpretou a Ángela, personaxe que morría no último episodio no que intervén Pilar. Ese ano participou así mesmo nas películas The Pink House, de Tessa Blake e Ian Williams e Una cita con Flamingos. En 2004 fixo un cameo en Siete Vidas como Ángela, ó tempo que seguía interpretando este mesmo personaxe en El Comisario, serie que abandona en 2005. O seu seguente traballo foi a serie Vientos de agua, coprodución hispanoarxentina moi aclamada pola crítica pero que foi retirada por Telecinco antes de finalizar por falta de audiencia. Nela compartía protagonismo con Héctor Alterio e Ernesto Alterio entre outros. Despois participou na miniserie Los sentidos de la muerte (2007), de Andrea Traina. Desde 2010 substitúe a Irene Visedo no papel de Inés Alcántara na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó. FilmografíaLongametraxes
Curtametraxes
TelevisiónPapeis fixos
Papeis episódicosPremios
Véxase taménLigazóns externas
|