É un ganso grande, propio de África, que pesa entre os 4 e os 6 kg.
Relacionado cos membros da subfamilia dos tadorninos (e moitas clasificacións considárano dentro dela),[6] pero presenta varios trazos anatómicos que para algúns son suficientes para encadralo nunha subfamilia propia.[Cómpre referencia]
Unha característica destacábel é a presenza de dous esporóns aguzados e rectos no bordo anterior das ás cos que pode golpear e defenderse.
A especie está ameazada pola caza incontrolada (o descenso da súa poboación en Botswana atribuíuse á caza fóra das áreas protexidas).[7] A especie é cazada e comercializada nos mercados de medicina tradicional en Nixeria.[8]
Estado de conservación
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, colnsidrando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamrente grande e quj, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación, e que o tamaño da poboación é moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupamte).[1]
↑Hockey, P. A. R., Dean, W. R. J. & Ryan, P. G. (2005): Roberts birds of southern Africa. Trustees of the John Voelcker Bird Book Fund, Cape Town, South Africa.
↑Nikolaus, G. (2001): "Bird exploitation for traditional medicine in Nigeria". Malimbus23: 45-55.