BioLib (Biological Library) é unha base de datos que vén sendo unha enciclopedia internacional de plantas, fungos e animais.[1]
Carecteristicas
Ademais da clasificación taxonómica, pódese visitar nela unha galería, un glosario, un dicionario de nomes vernáculos, unha base de datos de ligazóns e bib liografía, biótopos, un foro de discusión e outras funcións relacionadas coa bioloxía. É un proxecto educativo non comercial destinado a ser empregado tanto por expertos como polo público en xeral. O seu contido pódese ampliar mediante as contribucións dos usuarios.[1]
Obxectivo
O obxectivo deste proxecto é recompilar información biolóxica e presentala ao público tanto profesional como amante da natureza. A súa primeira tarefa foi crear unha lista de especies de animais, plantas e fungos da República Checa (de 70 000 a 9 000 especies). O sistema tamén contén (ou, nalgúns casos, "conterá") unha galería de imaxes relacionadas cos rexistros da base de datos de especies, base de datos de termos biolóxicos, lista de bibliografía e ligazóns sobre a natureza, listas de verificación, dicionario de linguas de especies, artigos, etc. O proxecto BioLib permite a calquera que queira axudar a inserir datos nas súas bases de datos. Despois do rexistro, o usuario pode engadir imaxes, ligazóns, escribir descricións de imaxes, engadir termos ao dicionario biolóxico ou textos sobre as especies. Por suposto, os datos enviados revísanse antes de engadilos á base de datos. O propósito de BioLib é crear un sistema que axude ás persoas a atopar o maior número posible de recursos sobre o tema que lles interesa, non só nos datos contidos nas bases de datos, senón tamén dándolles unha lista de ligazóns e bibliografía sobre o tema.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas