A medicina tradicional engloba o conxunto de prácticas e técnicas empregados para fins medicinais desenvolvido ó longo de xeracións dentro de varias sociedades de todo o mundo antes da era da medicina moderna.
"A suma total dos coñecementos, habilidades e prácticas baseadas en teorías, crenzas e experiencias orixinadas en diferentes culturas, xa sexan explicadas ou non, utilizadas no mantemento da saúde, así como na prevención, diagnóstico, mellora ou tratamento de enfermidades físicas e mentais".[1]
Outros nomes
Tamén é coñecido co nome de medicina herbal debido ó feito de que a maioría dos remedios son parte de terapias tradicionais que inclúen herbas medicinais, partes de plantas ou produtos de orixe vexetal. O uso de diferentes drogas, segundo os diferentes pobos tradicionais deu orixe ó nome de etnofarmacoloxía.
Outro nome aplicado para as prácticas curativas tradicionais é medicina popular ou medicina folclórica (en inglés: Folk medicine), xa que moitas destas técnicas son parte do folclore étnico local ou están intimamente relacionados.
Tamén se aplica o termo medicina alternativa no conxunto de prácticas medicinais tradicionais, incluíndo os doutras culturas ou países, como a medicina tradicional chinesa, a terapia manual tradicional do Xapón, e o ayurveda. Estes teñen en común o feito de que eles non forman parte das ciencias da saúde da medicina convencional.[2]
En Galicia existen aínda hoxe exemplos de medicina tradicional como os compoñedores[3].