Paris K.C. Barclay, nado o 30 de xuño de 1956 en Chicago, Illinois, é un director e produtor de televisión dende comezos da década de 1990.
Traxectoria
Gañou dous premios Emmy, así como un do gremio de Directores de América pola súa dirección dos episodios de NYPD Blue, recibindo ademais recibiu numerosos eloxios da crítica e outros premios como o Peabody ou o NAACP.
Actualmente, Barclay é o produtor executivo e director principal da serie de ficción da HBO, In Treatment, protagonizada por Gabriel Byrne, Dianne Wiest, Alison Pill, John Mahoney e Hope Davis. A serie foi recoñecida con catro nomeamentos aos Premios Emmy (incluíndo finalmente os galardóns para Wiest e Glynn Turman), cinco nomeamentos ao Globo de Ouro (cun galardón para Byrne), un nomeamento DGA (para Barclay) e dous nomeamentos Premio Imaxe (para Barclay e Blair Underwood). Tamén foi seleccionado como un dos 10 Programas de Televisión do Ano.
Filmografía
Director de televisión
Dirección de cinema
Pilotos de televisión
- The Chang Family Saves the World escrito por John Ridley.
- The Street Lawyer. Baseado na novela de John Grisham.
- Dead Lawyers protagonizado por F. Murray Abraham.
- Hate protagonizado por Marcia Gay Harden.
Telefilmes
- America's Dream
- The Big Time
- The Cherokee Kid
Véxase tamén
Ligazóns externas