The Mentalist

The Mentalist
FormatoDrama policial
Creado porBruno Heller
Dirixido porChris Long
David Nutter
IntérpretesSimon Baker
Robin Tunney
Owain Yeoman
Tim Kang
Amanda Righetti
Rockmond Dunbar
Emily Swallow
Tema de aperturaBelieve: Theme from The Mentalist
Blake Neely
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios151 (7 tempadas)
Produción
Duración41 min/cap. aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeCBS
Primeiro episodio23 de setembro de 2008
Derradeiro episodio18 de febreiro de 2015
Na rede
https://www.cbs.com/primetime/the_mentalist/
IMDB: tt1196946 Allocine: 3905 Rottentomatoes: tv/the-mentalist Metacritic: tv/the-mentalist TV.com: shows/the-mentalist
Facebook: TheMentalist Instagram: mentalist_cbs Netlix: 70155590 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Mentalist (O Mentalista en galego) é unha serie de televisión estadounidense, emitida orixinalmente pola canle CBS entre setembro de 2008 e febreiro de 2015.

Argumento

Patrick Jane, interpretado por Simon Baker, é un estafador que simula ser medium, ao que lle cambia a vida tras saír en televisión ridiculizando un asasino en serie, Red John (John o Vermello), quen en vinganza mata brutalmente a súa familia. Jane entra como asesor da CBI (California Bureau of Investigation) para axudar a capturar este asasino, axudando á axente Teresa Lisbon (Robin Tunney) a resolver tódolos casos nos que participan. A partir da sexta tempada, despois de vingarse, comeza a colaborar co FBI na resolución de crimes.

Personaxes

Simon Baker, que encarna a Patrick Jane.

Principais

Personaxe Actor Descrición
Patrick Jane Simon Baker É o protagonista da serie, de familia de feirantes, gáñase a vida durante case toda a súa vida como timador, finxindo ser vidente e explotando os seus grandes dotes de observación. A súa vida cambia cando sae nun programa de televisión ridiculizando a un asasino en serie, Red John, e este, en vinganza, asasina dunha maneira brutal a súa muller e a súa filla. Despois disto ingresa nun centro psiquiátrico e tras un tempo nesta institución colabora coa Brigada Criminal para capturar a Red Jonh, converténdose nun elemento fundamental na resolución dos casos nos que participa como asesor da Brigada.
Teresa Lisbon Robin Tunney Xefa do equipo da Brigada Criminal de California (CBI, California Bureau of Investigation) co que colabora Jane, con quen mantén unha intensa relación de amizade, a pesar de tódolos problemas que causa en cada caso no que traballa. Tivo unha infancia difícil; súa nai morreu atropelada e seu pai envorcouse no alcohol, polo que tivo que asumir o rol destes e coidar de seus irmáns. Axuda a Jane a atrapar a Red John, polo que remata despedida e ocupa o posto de xefa de policía nun pequeno pobo ata que a chama o FBI para formar parte do novo equipo de Jane nesta axencia.
Kimball Cho Tim Kang Membro do equipo da Brigada Criminal, e despois do equipo do FBI co que colabora Jane. Antigamente membro de bandas xuvenís e despois do exército, destaca polo seu carácter serio, impasíbel e extremadamente directo.
Wayne Rigsby Owain Yeoman Outro membro da Brigada Criminal, que despois se dedica ao sector privado. Grande e de bo corazón, esta namorado de Van Pelt, coa que remata casando e tendo un fillo despois dunha longa e difícil relación por causa de ser compañeiros de traballo. Foi membro da brigada antiincendios e seu pai pertencía a unha perigosa banda de moteiros.
Grace Van Pelt Amanda Righetti Terceira compoñente da Brigada Criminal, realiza principalmente labores de investigación e informática. É a que ten unha personalidade máis disposta a crer na espirutualidade e nos psíquicos. Mantén unha relación sentimental con Rigsby en varias fases da serie, co que acaba casando e tendo un fillo. A relación con Rigsby non está permitida polas regras da brigada, polo que o deixan. Nese tempo chega a estar prometida co axente do FBI, Craig O'Laughlin, que resulta ser colaborador de Red Jonh e a quen mata a propia Grace ao final da terceira tempada.
Red John É un asasino en serie, metódico e intelixente, e o antagonista da serie. Sempre ten o mesmo modus operandi, deixando unha enorme marca smily feita con sangue da vítima na parede que produza un maior impacto á persoa que vexa a escena do crime, e que permita que se vexa antes ou ao mesmo tempo que o corpo da vítima. Ao final da quinta tempada descóbrese a súa identidade e a rede que elaborou dentro das forzas de seguridade a nivel de todos os Estados Unidos, a Sociedade Blake.
Dennis Abbott Rockmond Dunbar Axente do FBI, máximo responsábel da división coa que colabora Jane.
Kim Fischer Emily Swallow Axente do FBI, subordinada de Abbott e axente ao cargo de Patrick Jane.

Secundarios

  • Gregory Itzin como Virgil Minelli, xefe da CBI cando Jane entra a colaborar con ela.
  • Aunjanue Ellis como Madeleine Hightower, ocupa o posto de Minelli cando este se retira; foxe coa axuda de Jane tras ser acusada do asasinato de Todd Johnson.
  • Pruitt Taylor Vince como J.J. LaRoche, persoa encargada de investigar o asasinato de Todd Johnson e substituto de Hightower á fronte da CBI trala fuga desta.
  • Terry Kinney como Sam Bosco, axente especial da CBI, é o xefe do equipo que se fai cargo do caso de Red John durante o período no que se lle retirou ao equipo de Lisbon. Morre asasinado xunto ao resto do seu grupo por unha axudante do asasino en serie.
  • Leslie Hope como Kristina Frye, medium que aparentemente non se aproveita das argucias de Jane, tamén colabora coa CBI na resolución dalgúns casos. Mantén unha certa relación de proximidade con Jane, sen chegar a concretarse nada. É raptada e traumatizada por Red Jonh.
  • Michael Gaston como Gale Berthram, director e xefe de toda a BIC e superior sucesivamente de Minelli, Hightower, LaRoche e Mainweight. É membro da Sociedade Blake e un dos candidatos de Jane a ser Red John, morrendo asasinado por outro membro da sociedade.
  • David Norona como Osvaldo Ardiles, Secretario do Fiscal e un dos sospeitosos de ser Red John. Foi asasinado por Richard Haibach.
  • Jack Plotnick como Brett Partridge, forense da CBI, membro da Sociedade Blake e un dos sospeitosos de ser Red John.
  • Rebeca Wisocky como Brenda Shettrick, xefa de prensa da CBI, vese envolta nun roubo na casa do xefe de asuntos internos JJ LaRoche.
  • Erick Winter como Craig O'Laughlin, axente do FBI e prometido de Grace Van Pelt, resulta ser colaborador de Red John.
  • Michael Rady como Luther Wainwright, xefe da brigada, morre ao final da cuarta tempada no intento de arresto de Red John.
  • Xander Berkeley como Sheriff McAllister, Sheriff do Val de Napa, é un dos que Jane considera sospeitosos de ser Red John.
  • Emmanuelle Chriqui como Lorelei Martins, colaboradora de Red John, Jane axúdaa a fugarse do cárcere para obter información do psicópata, xa que este asasinou a súa irmá.

Episódicos

Véxase tamén

Ligazóns externas