PPP
PPP (acrónimo do inglés point-to-point protocol, «protocolo punto a punto») é un protocolo de nivel de enlace estandarizado no documento RFC 1661. Xa que logo, trátase dun protocolo asociado á pila TCP/IP de uso en Internet. DescriciónO protocolo PPP permite establecer unha comunicación a nivel de enlace entre dous computadoras. Xeralmente, utilízase para establecer a conexión a Internet dun particular co seu provedor de acceso a través dun módem telefónico. Ocasionalmente tamén é utilizado sobre conexións de banda larga (como PPPoE ou PPPoA). Ademais do simple transporte de datos, PPP facilita dúas funcións importantes:
PPP tamén ten outros usos, por exemplo, utilízase para establecer a comunicación entre un módem ADSL e a pasarela ATM do operador de telecomunicacións. Tamén se veu utilizando para conectar a traballadores desprazados (p. ex. computador portátil) coas súas oficinas a través dun centro de acceso remoto da súa empresa. Aínda que está aplicación estase abandonando en favor das redes privadas virtuais, máis seguras. Trama PPPUnha trama PPP esta baseada en HDLC.[1] Ten un mínimo de 6 bytes e un máximo indeterminado. A trama HDLC con PPP é:
Nota: 0x7e son 8 bits en notación hexadecimal, ver Hexadecimal para máis información. O enderezo sempre é 0xFF que é o enderezo de difusión estándar de todos os destinos. En PPP non hai enderezos individuais de cada estación dado que só hai dúas. O campo control vale 0x03, que corresponde con tramas de usuario non numeradas en HDLC. Estes dous campos pódense eliminar se se negocia en LCP "Address-and-Control-Field-Compression" (ACFC, compresión dos campos de enderezo e control). Os identificadores de protocolo están especificados no RFC 1661. Os máis importantes son: O campo FCS (Frame Check Sequence) é unha secuencia de comprobación de trama. Utilízase para detectar erros na transmisión da trama. O transmisor calcula o CRC do contido da trama e colócao no campo FCS. O receptor calcula o CRC da trama que recibe e compárao co valor que hai no FCS. Se os valores son distintos, hai bits erróneos na trama, polo que se descarta. Se o campo FCS é de 2 bytes úsase un CRC de 16 bits. Se o campo FCS é de 4 bytes, úsase un CRC de 32 bits. Funcionamento![]() PPP consta das seguintes fases:
PPP ten todas as propiedades dun protocolo de nivel de enlace:
PPP versus SLIPO protocolo SLIP cumpre a mesma función que PPP, pero se trata dun protocolo moito máis anticuado. As vantaxes de PPP sobre SLIP son:
O protocolo PPP pódese usar tamén para crear Redes Privadas Virtuais (RPV) tanto cifradas como non cifradas, pero se se desexa cifrado, débese implementar por baixo de PPP. Notas
Véxase taménLigazóns externas
|