BitTorrent é un protocolo de distribución de arquivos e ficheiros por Internet entre parceiros[1] (peer to peer ou P2P). Bram Cohen, antigo estudante da Universidade de Buffalo[2], deseñou o protocolo en abril de 2001 e publicouno o 2 de xullo dese ano[3], facéndose coñecida na CodeCon de 2002 en San Francisco[4]. A versión máis recente é de 2013[5]. A primeira ferramenta que implementou tal protocolo foi escrita en Python e está publicada baixo a licenza MIT. As aplicacións populares de BitTorrent de arestora inclúen a Transmission e Deluge.
Historia
BitTorrent gañou a súa fama ao permitir que moita xente descargase os mesmos arquivos sen ver diminuída a velocidade de transferencia. Isto conséguese grazas a que todos os parceiros, ou usuarios que descargan arquivos ou ficheiros, comparten as partes que xa teñen dos arquivos cos demais parceiros. Cada parceiro forma parte dun enxame e contribúe á distribución do contido.
↑Segundo a RAG, persoa que ten unha en propiedade común con outras persoas, e que empregan e comparten por igual.
↑"UB Engineering Tweeter". University at Buffalo's School of Engineering and Applied Sciences. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013.
↑Cohen, Bram (2 de xullo de 2001). "BitTorrent – a new P2P app". Yahoo eGroups. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 29 de decembro de 2016.
↑Cohen, Bram (Outubro de 2002). "BitTorrent Protocol 1.0". BitTorrent.org. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de abril de 2013.