Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Duras.
Oldřich Duras, nado en Pchery (Hamlet Humny, Bohemia) o 30 de outubro de 1882 e finado en Praga o 5 de xaneiro de 1957, foi un gran mestre checo de xadrez de comezos do século XX. A FIDE outorgoulle o título de Gran Mestre Internacional en 1950, ao crearse o sistema de títulos oficiais.
Traxectoria
Entre as súas grandes vitorias (todas compartidas) están as de Bremen en 1905, Praga en 1908, Viena en 1908 e Breslau en 1912. Ten marca positiva contra Richard Teichmann (6 -2 =6), David Janowsky (3 -1 =0), Carl Schlechter (2 -1 =11) e Aron Nimzowitsch (3 -2 =3), e empates contra Siegbert Tarrasch e Geza Maroczy. Perdeu o único match que xogou contra Emanuel Lasker, tivo un empate e unha derrota con José Raúl Capablanca, e fortes puntuacións negativas contra Akiba Rubinstein, Ossip Bernstein e Milan Vidmar. Estivo un punto abaixo de Frank Marshall (7 -8 =5).
Duras foi tamén un notable compositor de xadrez.
Véxase tamén
Ligazóns externas