O padriño (II parte) (en inglés: The Godfather Part II) é un filme estadounidense producido e dirixido por Francis Ford Coppola que se estreou en 1974. O guión é obra de Coppola e Mario Puzo, e está protagonizado por Al Pacino e Robert De Niro. A historia está parcialmente baseada na novela de Puzo The Godfather, sendo ó mesmo tempo unha secuela e unha precuela de O padriño, presentando tramas paralelas.
O padriño (II parte) recibiu unha acollida diversa por parte da crítica, que eloxiou a súa fotografía mais atopou a súa narrativa non liñal desorganizada. Foi nomeado a once Premios Oscar, e converteuse na primeira secuela en gañar o Óscar ó mellor filme. Os outros premios Oscar que gañou inclúen o de mellor director para Coppola, mellor actor secundario para De Niro e mellor guión adaptado para Coppola e Puzo. Pacino gañou o BAFTA a mellor actor e estivo nomeado ó Oscar ó mellor actor.
Estreouse en galego o 25 de decembro de 1988 a través da TVG.[4]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
1927/28–1950 | |
---|
1951–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|