Vito Corleone

Vito Andolini Corleone
Personaxe de O padriño

Graffiti de Vito Corleone en Legutio, País Vasco.
Creador(es) Mario Puzo
Interpretado por Marlon Brando
Robert De Niro
Información
Nacemento 7 de decembro de 1892
Corleone, Sicilia, Reino de Italia
Falecemento 29 de xullo de 1955
Nova York, Estados Unidos
Cónxuxe Carmella Corleone
Fillos Santino "Sonny" Corleone
Frederico "Fredo" Corleone
Michael Corleone
Constanzia "Connie" Corleone
Tom Hagen (adoptivo)
Relixión Católica romana
Nacionalidade Italiana

Vito Andolini Corleone é un personaxe ficticio, protagonista do primeiro libro e película da saga O padriño, ademais de semi-protagonista en O padriño II. Encarna ao xefe da familia Corleone, unha mafia siciliana que se atopa na cidade de Nova York, entre os anos 1940 e 1950. Tamén é coñecido polo alcume máis íntimo de Padriño. Este personaxe é protagonista da novela de Mario Puzo titulada O padriño e, foi representado no cine por Marlon Brando en O padriño e por Robert De Niro en O padriño II entre 1972 e 1974.

Na novela o personaxe ten catro fillos: Santino, Constanzia, Frederico e Michael Corleone, ademais de Tom Hagen, que é adoptado. Na película, ten tamén catro fillos, que son Michael Corleone, Santino Corleone "Sonny", Fredo Corleone e Connie Corleone. Ademais de Tom Hagen, que é adoptado. No transcurso da historia só perde a Santino, que é tiroteado nunha casa de peaxe.

Diferentes mortes

Vito Corleone falece o 29 de xullo de 1955 á idade de 62 anos, pero a causa da súa morte é diferente no libro e no filme:

  • Na película: morre xogando co seu neto mentres coidaba as súas plantas.[1]
  • Na novela: morre dun ataque cardíaco nos brazos do seu fillo Michael.

Notas

  1. Francis Ford Coppola. Vito Corleone Dies the Perfect Death. 

Véxase tamén

Outros artigos