O detective Conan: O derradeiro mago do século (名探偵コナン 世紀末の魔術師, Meitantei Conan: Seikimatsu no Majustushi?, literalmente O mago da fin do século) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 17 de abril do 1999.
En galego, estreouse na TVG o 5 de xullo do 2013.
Sinopse
A célebre serie do Detective Conan trae de novo outra excitante película. O noso heroe encóntrase desta vez co seu inimigo, o misterioso ladrón Caco Kid. Aceptando o reto del, Conan e o seu amigo Heiji tentarán protexer o derradeiro tesouro da Dinastía Rusa dos Romanov, o Ovo dos Recordos. Mais coas súas trécolas e estratexias, Caco Kid logra confundilos e faise coa tan prezada xoia.
Mentres foxe voando coa súa á delta un criminal dispáralle a logra abatelo. Caco Kid desaparece coma por arte de maxia, deixando atrás unha pomba e o obxecto roubado, que pasan ás mans do outro criminal.
A herdeira lexítima do ovo cóntalles a Conan e mais aos seus amigos a historia da xoia. O noso detective descobre un mecanismo oculto dentro do tesouro que lle será clave para resolver o caso e levaráos ata un castelo cheo de trampas e engados arquitectónicos. Poderán recuperar o valioso ovo?
Dobraxe
- Estudio: Sodinor
- Data: 2013.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe |
Actor de dobraxe
|
Actor orixinal
|
Conan Edogawa
|
Teresa Santamaría
|
Minami Takayama
|
Shinichi Kudo
|
Gaspar Somoza
|
Kappei Yamaguchi
|
Ran Mouri
|
Isabel Vallejo
|
Wakana Yamazaki
|
Kogoro Mouri
|
Matías Brea
|
Akira Kamiya
|
Hiroshi Agasa
|
Paco Barreiro
|
Kenichi Ogata
|
Inspector Megure
|
Alfonso Valiño
|
Furin Cha
|
Genta Kojima
|
Antón Rey
|
Wataru Takagi
|
Mitsuhiko Tsuburaya
|
Montse Davila
|
Ikue Ohtani
|
Ayumi Yoshida
|
Marián Muíño
|
Yukiko Iwai
|
Sonoko Suzuki
|
Nora Abad
|
Naoko Matsui
|
Inspector Shiratori
|
César Cambeiro
|
Kaneto Shiozawa
|
Axente Takagi
|
Manolo Pombal
|
Wataru Takagi
|
Axente Tome
|
Antón Rubal
|
Toshihiko Nakajima
|
Ai Haibara
|
Helena Amoedo
|
Megumi Hayashibara
|
Caco Kid
|
Óscar Fernández
|
Kappei Yamaguchi
|
Heiji Hattori
|
Monti Castiñeiras
|
Ryo Horikawa
|
Kazuha Toyama
|
Xermana Carballido
|
Yuko Miyamura
|
Inspector Nakamori
|
Antón Olmos
|
Unsho Ishizuka
|
Shintaro Chaki
|
Santiago Cortegoso
|
Nobuo Tanaka
|
Shiro Suzuki
|
Miguel López Varela
|
Fumio Matsuoka
|
Masato Nishino
|
Carlos Jiménez Díaz
|
Mitsuru Miyamoto
|
Serguei Ovchinnikov
|
Luís Iglesia
|
Haruhiko Jo
|
Shouichi Inui
|
Xavier Perdiz
|
Chikao Otsuka
|
Seiran Hoshi
|
Ana Lemos
|
Toshiko Fujita
|
Ryu Sagawa
|
Óscar Fernández
|
Houchu Ohtsuka
|
Natsumi Kosaka
|
Beatriz García
|
Emi Shinohara
|
Kuranosuke Sawabe
|
Antón Cancelas
|
Eisuke Yoda
|
Axente Investigador
|
Manolo Pombal
|
Isshin Chiba
|
Axente Lector
|
Carlos Jiménez Díaz
|
Isshin Chiba
|
Axente Kobayashi
|
Antón Rubal
|
Sadado Nunome
|
Axente Yokoyama
|
Óscar Fernández
|
Takayuki Inoue
|
Señora Yoshida
|
Xermana Carballido
|
Shinobu Sato
|
Música
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "One" ("Un"), interpretada por B'z.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2000.
Véxase tamén
Ligazóns externas