Kogoro Mouri |
---|
Personaxe de O detective Conan |
Primeira aparición |
Manga, capítulo 1 Anime, episodio 1 |
---|
Creado por |
Gosho Aoyama |
---|
Dobrado por |
Xaponés: Akira Kamiya (1996-2009) Rikiya Koyama (2009-hoxe) Galego: Matías Brea |
---|
Perfil |
---|
Alcumes | Kogoro dormente O detective dormente |
---|
Idade | 37 |
---|
Sexo | Masculino |
---|
Nacionalidade | Xapón |
---|
Ocupación | Detective privado |
---|
Parentes coñecidos | Eri Kisaki (muller) Ran Mouri (filla) |
---|
Kogoro Mouri (毛利 小五郎, Mōri Kogorō?) é un personaxe ficticio e protagonista da serie O detective Conan, creado por Gosho Aoyama.
Vida de Mouri
Kogoro Mouri era un toleirán de pequeno. Na infancia, coñeceu a Eri Kisaki, coa que se levaba mal, aínda que remataron por casar. Como oficio, Kogoro fíxose axente de policía baixo as ordes do inspector Megure. Durante esta etapa, tivo que capturar un criminal, e, para facer isto, dispararlle á súa muller. Por iso foi expulsado do corpo. Neste tempo tivo unha filla, Ran Mouri.
Eri marchou da casa e se separou de Kogoro, quen tivo que quedar con Ran. Para gañar cartos fíxose detective privado, pero resultou ser un investigador pésimo. As súas grandes afeccións eran o alcol, as mulleres, o tabaco e as carreiras de cabalos, algo que non axudou moito a que prosperase o negocio. Sorte que contaba el con Ran, que mercaba e preparaba a comida, axudando o seu pai.
Ó comezo da historia, Kogoro segue a ser un detective pésimo. Cando conta coa axuda do pequeno Conan Edogawa, comezan a choverlle casos, e considera ó cativo coma o seu amuleto. Axiña, o pequeno Conan dorme a Kogoro cun dardo anestesiante para resolver os casos, e imita a súa voz coa paxariña moduladora de voces, explicando unha vez máis o crime: que pode ser sinxelamente un secuestro, un asasinato, un suicidio ou mesmo un accidente.
Así, gaña o alcume de Kogoro dormente ou Kogoro o durmiñón, e comeza a gañar sona por todo o país. O inspector Megure conta con el para resolver os casos e elevar á policía xaponesa ó talle que se merece, pero aínda así considera que Mouri trae mala sorte para os crimes. Kogoro segue sen volver con Eri, discutindo continuamente con ela, pero admira a Yoko Okino, unha célebre actriz e cantante da que está profundamente namorado.