O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo (名探偵コナン 天国へのカウントダウン, Tengoku no Kauntodaun?, literalmente Conta atrás cara ao paraíso) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 21 de abril do 2001.
En galego, estreouse na TVG o 31 de decembro do 2012.
Sinopse
Cando non hai tempo de fuxir... Serías quen de salvar a persoa que amas?
Desta volta, o escenario desta quinta película sitúase no alto dunhas torres xemelgas, deseñadas por un aprendiz de Teiji Moriya, que apareceu no primeiro filme.
De camiño de volta dunha acampada, o noso heroe o detective Conan e os seus amigos paran diante das torres xemelgas que están a piques de seren inauguradas. Alí, atópanse con Ran, a súa amiga Sonoko e o seu pai, o detective Mouri. Tamén coñecen unha fermosa muller chamada Mio Tokiwa, a propietaria dos rañaceos, e outra xente sospeitosa que parece ter intencións macabras.
No momento no que acontece o primeiro asasinato, un Porsche de cor negra aparece. Un dos Homes de Negro, que obrigou a Shinichi a beber o bebedizo que o fixo encoller, condúceo. Malia o asasinato, a atractiva Tokiwa insiste en celebrar unha cerimonia para festexar a apertura das torres. Agora, os asasinatos en serie estarán a piques de empezar, a unha altura de 300 metros desde o chan. Poderá Conan fuxir desde o andar que está máis achegado ao ceo?
Dobraxe
- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2012.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe |
Actor de dobraxe
|
Actor orixinal
|
Conan Edogawa
|
Teresa Santamaría
|
Minami Takayama
|
Shinichi Kudo
|
Gaspar Somoza
|
Kappei Yamaguchi
|
Ran Mouri
|
Isabel Vallejo
|
Wakana Yamazaki
|
Kogoro Mouri
|
Matías Brea
|
Akira Kamiya
|
Hiroshi Agasa
|
Paco Barreiro
|
Kenichi Ogata
|
Inspector Megure
|
Alfonso Valiño
|
Furin Cha
|
Genta Kojima
|
Antón Rey
|
Wataru Takagi
|
Mitsuhiko Tsuburaya
|
Montse Davila
|
Ikue Otani
|
Ayumi Yoshida
|
Marián Muíño
|
Yukiko Iwai
|
Sonoko Suzuki
|
Nora Abad
|
Naoko Matsui
|
Inspector Shiratori
|
César Cambeiro
|
Kazuhiko Inoue
|
Ai Haibara
|
Chelo Díaz
|
Megumi Hayashibara
|
Chinami Sawaguchi
|
Xermana Carballido
|
Aya Hisakawa
|
Yoshiaki Hara
|
Antón Olmos
|
Koichi Hashimoto
|
Mio Tokiwa
|
Lucía Cid
|
Toshiko Fujita
|
Hohsui Kisaragi
|
Xavier Perdiz
|
Ichiro Nagai
|
Iwamatsu Ooki
|
Alfonso Agra
|
Takeshi Watabe
|
Hidehiko Kazama
|
Monti Castiñeiras
|
Juurota Kosugi
|
Gin
|
Coté Sansegundo
|
Yokitoshi Hori
|
Vodka
|
Xosé Tanas
|
Fumihiko Tachiki
|
Axente Takagi
|
Manolo Pombal
|
Wataru Takagi
|
Axente Chiba
|
Antón Rubal
|
Isshin Chiba
|
Akemi Miyano
|
Helena Amoedo
|
Sakiko Tamagawa
|
Axente Tomé
|
Antón Rubal
|
Toshihiko Nakajima
|
Música
A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Always" ("Sempre"), interpretada por Mai Kuraki. Este tema é, ademais, o décimo segundo peche da serie, e está dobrado ao galego para o anime. Malia isto, na versión galega do filme, permanece o tema orixinal en xaponés.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2002.
Véxase tamén
Ligazóns externas