O número atómico é o número enteiro positivo que designa o número de protóns que hai no núcleo dun átomo. Represéntase coa letra Z. Este número é característico de cada elemento químico e representa unha propiedade fundamental do átomo: a súa carga nuclear.
En 1913Henry Moseley demostrou a relación existente entre os valores das lonxitudes de onda dos raios X emitidos por diferentes elementos logo de ser bombardeados con electróns, e os números atómicos destes elementos [1]. Este feito permitiu clasificar os elementos da táboa periódica por orde crecente do seu número atómico, tal como se utiliza na actualidade.