Na física, lonxitude de onda é a distancia entre unidades repetidas dunha onda que se propaga cunha frecuencia determinada. Normalmente desígnase coa letra gregalambda (λ). Exemplos de fenómenos de tipo onda son a luz, ondas acuáticas e ondas sonoras.
Nunha onda, a propiedade varía coa posición. Por exemplo, a propiedade pode ser a presión do aire para unha onda de son, ou a magnitude do campo eléctrico ou magnético para a luz. As lonxitudes de onda audibles para os oídos humanos (20 Hz – 20 kHz) son aproximadamente 17 m e 17 mm respectivamente. As lonxitudes de onda de luz visible van dende o vermello escuro, sobre os 700 nm ata uns 400 nm do violeta. Para máis exemplos, ver espectro electromagnético.
Relación coa frecuencia
A lonxitude de onda λ é proporcionalmente inversa da frecuencia ν (nu), o número de períodos de onda por unidade de tempo que atravesan un punto
onde é a velocidade de propagación da onda. No caso de radiación electromagnética, coma a luz, no baleiro esta velocidade é a velocidade da luz, 299,792,458 m/s ou sobre km/h. Para ondas sonoras no aire, a velocidade do son é de 344 m/s (1238 km/h) a temperatura ambiente. Cando se empregan unidades do SI, a lonxitude de onda exprésase en metros, a frecuencia en Hz, e a velocidade de propagación en metros por segundo.
En medios non baleiros
A velocidade da luz ma maioría dos medios é inferior á que ten no baleiro, o que significa que á mesma frecuencia correspóndelle unha onda máis curta ca no baleiro. A lonxitude de onda no medio é
onde n é o índice de refracción do medio. As lonxitudes de onda electromagnéticas normalmente danse en termos de lonxitudes de onda no baleiro, agás que se especifique "lonxitude de onda no medio".