Noureddine Morceli

Modelo:BiografíaNoureddine Morceli

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ar) نور الدين مرسلي Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de febreiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Ténès (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ministro
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónRiverside City College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, mediofondista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlxeria Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Xogos Olímpicos de 2000
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1481881 IAAF: 14180666 Olympic.org: noureddine-morceli Editar o valor en Wikidata
Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro Atlanta 1996 1.500 m
Campionato do Mundo de Atletismo
Ouro Toquio 1991 1.500 m
Ouro Stuttgart 1993 1.500 m
Ouro Gotemburgo 1995 1.500 m
Campionato do Mundo en Pista Cuberta
Ouro Sevilla 1991 1.500 m
Xogos do Mediterráneo
Ouro Languedoc-Rosellón 1993 1.500 m

Noureddine Morceli, nado o 28 de febreiro de 1970 en Tenes (Chlef), é un mediofondista alxerino que foi campión olímpico dos 1500 metros en Atlanta 96, e plusmarquista mundial en varias especialidades.

Traxectoria

Foi un dos atletas máis destacados na proba dos 1.500 metros lisos na década dos noventa. Tres veces campión do mundo na distancia (Toquio 1991, Stuttgart 1993 e Gotemburgo 1995). Tamén foi campión olímpico nos xogos de 1996.

Morceli bateu o récord do mundo da gran maioría de probas do medio fondo durante a súa carreira:

  • En 1991, récord do mundo en pista cuberta nos 1.500 m en Sevilla, cun tempo de 3:34.16.
  • En 1992, récord do mundo de 1.500 m en Rieti (Lacio), cun tempo de 3:28.86.
  • En 1993, récord do mundo na milla en Rieti, cun tempo de 3:44.39.
  • En 1994, récord do mundo de 3.000 m en Mónaco, cun tempo de 7:25.11.
  • En 1995, récord do mundo nos 2.000 m en París, cun tempo de 4:47.88.
  • En 1995, récord do mundo de 1.500 m en Niza, cun tempo de 3:27.37.

A aparición na escena do marroquí Hicham El Guerrouj foi eclipsando o papel de Morceli nos últimos anos da década. No campionato do Mundo de Atenas 1997 foi cuarto. A súa última aparición internacional foi nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.

Véxase tamén

Ligazóns externas