A Virxe das Dores é unha advocación da Virxe María. Tamén é coñecida como Virxe da Amargura, Virxe da Piedade, Virxe das Angustias, Virxe da Caridade, Virxe da Soidade ou A Dolorosa. A súa festa é o Venres de Dores ou o 15 de setembro.
A Virxe das Dores aparece frecuentemente representada no momento da Piedade co seu fillo Xesús morto no seu colo, tralo Descendemento da cruz, e outras veces con expresión de desconsolo ao pé da Cruz, sostendo sedente a coroa de espiñas do seu fillo.
En ocasións, represéntase con sete espadas que lle traspasan o corazón en alusión ás sete dores:
- A profecía de Simeón.
- A persecución de Herodes e a fuxida a Exipto.
- Xesús perdido no Templo durante tres días.
- María encontra a Xesús, cargado coa Cruz.
- A Crucifixión e Morte de Xesús.
- María recibe a Xesús baixado da Cruz.
- A sepultura de Xesús.
Veneración
A súa imaxe é procesionada durante a Semana Santa, sendo a patroa de numerosas localidades dos países de tradición católica. É moi venerada en España, Portugal, Panamá, México e Colombia. En Galicia é a patroa, entre outros lugares, de Escairón, Lalín e Couto; ademais un considerábel número de romarías galegas fanse na honra da Virxe das Dores.
É patroa de Ecuador,[1] Eslovaquia,[2][1] do estado de Mississippi[3].
Notas
Véxase tamén
Outros artigos