Dor

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Para o artigo sobre a aldea, véxase Dor, A Ponte do Porto, Camariñas

Muller con cara de dor nunha extracción de sangue.

A dor é unha sensación desagradábel, que varía dende a incomodidade leve ata o máis torturante, que vai asociada a un proceso destrutivo actual ou potencial dos tecidos, e que se expresa a través dunha reacción orgánica e emocional.

Iniciación da dor

A dor é unha resposta resultante da integración central de impulsos dos nervios periféricos, activados por estímulos locais. Hai basicamente tres tipos de estímulos que poden levar á xeración dos potenciais de acción nos axonios deses nervios.

  1. Variacións mecánicas ou térmicas que activan directamente as terminacións nerviosas ou receptores.
  2. Factores químicos, coma os ións de potasio, ou determinados ácidos, que son liberados na área da terminación nerviosa. Estes inclúen compostos presentes unicamente nas células íntegras, e que se soltan no medio extracelular como consecuencia de lesións como
  3. Factores liberados polas células inflamatorias como a bradicinina, a serotonina, a histamina e as enzimas proteóliticas.

Vías nerviosas periféricas da dor

Hai dúas vías neuronais ascendentes para a dor: a lenta e a rápida.

A vía rápida ou do tracto neoespinotalámico é a máis recente dende o punto de vista da evolución. Iníciana principalmente estímulos mecánicos ou térmicos. Utiliza neuronios de axonios rápidos (isto é, de gran diámetro): as fibras A-∂ (12-30 metros por segundo). Esta é a vía que produce a sensación da dor aguda e ben localizada. O seu neuronio ocupa a lámina I da medula espiñal e cruza imediatamente para o lado contrario. Aí ascende na substancia branca na rexión anterolateral ata facer sinapse principalmente no tálamo (núcleos posterolateralventrais), pero tamén na formación reticular.

A vía lenta ou do tracto paleoespinotalámico é a máis primitiva en termos evolutivos. Desencadéana factores químicos. Utiliza axonios lentos de diámetro reducido e velocidades de condución de só 0,5 a 2 m/s. Esta vía produce dor mal localizada polo individuo, pero continua. O seu neuronio ocupa a lámina V da medula e ascende despois de cruzar para o lado oposto no tracto anterolateral. Fan sinapse na formación reticular, no colículo superior e na substancia cincenta periacuedutal.

Se un individuo recibe un golpe, a sensación de dor imediata é a rápida, debido ás forzas mecánicas que estiran o tecido conxuntivo onde se localizan receptores de dor. Esta dor dura un tempo moi limitado. Pero conforme o tecido vai morrendo e extravasa o contido celular con diversas substancias, e chegan á rexión damnificada as células inflamatorias, a dor que permanece é a dor lenta.

A dor e as súas vías no encéfalo

A dor mais significativa dende o punto de vista terapéutico é case sempre acuela que se produce pola vía lenta. A vía rápida produce só sensacións de dor localizadas e de duración relativamente curta que lle permiten ao organismo afastarse do axente nociceptivo, pero xeralmente non son causa de síndromes onde a dor sexa a principal preocupación terapéutica. A dor crónica ten orixe cando os impulsos recibidos pola vía lenta se integran na formación reticular do tronco cerebral e no tálamo. A este nivel existe unha percepción consciente vaga da dor, como se demostrou en animais aos que se lle retirara o córtex.

O tálamo envíalles os impulsos ao córtex somatosensor e ao xiro cingulado. No córtex cingulado procésase a cualidade emocional ou afectiva da dor (sistema límbico), enviando impulsos de volta para o córtex somatosensor. É aí onde se orixinan cualidades máis precisas, coma o tipo de dor, a localización e a ansiedade emocional.

A dor ten un efecto de estimulación da maioría dos circuítos neuronais. Estes efectos débense á activación de circuítos a nivel dos núcleos intraláminares do tálamo e das formacións reticulares polos axonios de tipo C (lentos) que aí rematan. A activación por estas fibras das formacións reticulares leva á activación en spray do cortéx cerebral, e principalmente do lóbulo precentral, xa que a formación reticular tamén é responsábel da regulación do estado de vixilia. Esta estimulación tradúcese nun maior estado de alerta e excitabilidade do paciente que sente dor, principalmente se esta é aguda.

Sistemas analxésicos

A intensidade con que persoas diferentes senten e reaccionan en situacións de dor semellantes é bastante variada. Esta variación débese non tanto a unha activación diferente das vías da dor senón a unha facilidade dos individuos diferente á hora de activar as vías analxésicas naturais. A vía analxésica principal no ser humano ten 4 compoñentes de modulación para a percepción da dor:

  1. As áreas cincentas periacuedutais e periventriculares do mesencéfalo e ponte superior, ao redor do acueduto de Silvio envían axonios que segregan encefalinas, que son opioides naturais (actúan no receptor dos opioides).
  2. O núcleo magno do rafe e o reticular xigantocelular, localizados na ponte inferior e na medula superior, reciben os axonios das áreas periacuedutais, e envíanlles os seus ás columnas dorsolaterais da medula espiñal, onde liberan serotonina.
  3. Núcleos de interneuronios na medula dorsal, localizados na substancia xelatinosa, inhiben a creación de potenciais de acción ao liberar encefalinas e endorfinas na sinapse local cos neuronios aferentes da dor.

A analxesia producida por esta vía, que é total, dura dalgúns minutos a horas. A inhibición do sinal dase principalmente a nivel do segmento do espiño correspondente á orixe da dor, pero tamén a outros niveis como nos propios núcleos reticulares e talámicos.

Crese que este sistema permite unha regulación en retroalimentación do nivel da dor. A excitación excesiva da vía da dor induce un aumento dos sinais analxésicos a nivel talámico minguando a intensidade percibida da dor. Outras áreas do cerebro, como as do sistema límbico, que exerce o control emocional, tamén se ven implicadas na estimulación ou inhibición das vías analxésicas naturais. Os núcleos paraventriculares do hipotálamo estimulan as áreas periacueductais mediante a liberación de β-endorfinas (opiodes naturais). Así unha mesma lesión tecidular pode causar moita máis dor se fose de causa descoñecida ou considerada polo individuo como significativa, do que se fose de causa coñecida ou tida por pouco perigosa.

Alén desta vía específica para determinados segmentos espiñais, a hipófise produce tamén beta-endorfinas, que se soltan no sangue e no cerebro, e poden ter importancia na diminuición das sensacións dolorosas en individuos con síndromes sistémicos.

Sistema de control de acceso

É outro mecanismo analxésico de importancia local. A estimulación de gran número de fibras aferentes Aβ tras estímulos táctiles no mesmo segmento activa interneuronios produtores de encefalinas, que iniben as fibras C da dor. Todos coñecemos e empregamos o control de acceso da dor, mesmo de xeito inconsciente, cando por exemplo fregamos unha zona onde, despois dun golpe, sentimos dor. A masaxe estimula as fibras aferentes Aβ, que analxesizan a zona dorida.

Subxectividade e tolerancia á dor

A dor é sempre subxectiva. Aprendemos a referirnos a ela a través de experiencias relacionadas con lesións nos primeiros anos de vida. Os biólogos saben que os estímulos que causan a dor están relacionados con lesións nos tecidos. Como calquera sensación desagradábel representa unha experiencia emocional e co tempo aprendemos a diferenciar da dor experiencias que se semellan a ela, como as picadas de mosquitos.

Moitas persoas ademais senten dor incluso sen ter unha lesión nos tecidos nin ningunha outra causa fisiopatolóxica probábel: xeralmente isto acontece por motivos psicolóxicos e é imposíbel distinguir a súa experiencia da que ten razóns lesivas se partimos do relato subxectivo. A perspectiva que se ten da dor na actualidade é de que é un fenómeno ‘biopsicosocial’ que resulta dunha combinación de factores biolóxicos, psicolóxicos, comportamentais, sociais e culturais e non unha entidade dicotómica.

O limiar fisiolóxico da dor, común a todos os individuos, pode definirse coma o punto en que un estímulo concreto é recoñecido como doloroso. Cando se usa a calor como factor de estimulación, o limiar doloroso sitúase en torno aos 44°, non só para o ser humano senón tamén para diferentes mamíferos (simios, ratos). O limiar de tolerancia é o punto en que o estímulo acada tal intensidade que non pode ser aceptabelmente tolerado: so mesmo exemplo da calor, estariamos a falar dunha cantidade próxima aos 48°, pero que varía conforme o individuo, segundo sexa a súa experiencia e os seus factores culturais e psicolóxicos.

A resistencia á dor sería a diferenza existente entre os dous limiares. Expresa a amplitude dunha estimulación dolorosa á que o individuo pode aceptabelmente resistir. Está tamén modificada por trazos culturais e emocionais, e ao sistema límbico correspóndelle a modulación da resposta comportamental á dor.

Tipos de dor

Con respecto ao uso médico, a dor divídese en dúas categorías:

  • A dor aguda, que ten duración limitada e causas xeralmente coñecidas.
  • A dor crónica, que dura máis de tres meses e ten causa descoñecida ou mal definida. Aparece cando o mecanismo de dor non funciona axeitadamente ou cando as doenzas asociadas a ela se volven crónicas.

A dor tamén pode clasificarse atendendo ao tipo de nociceptores (as neuronas que detecatan a dor) relacionadas:

  • A dor cutánea é causada por feridas na pel ou nos tecidos superficiais. Os nociceptores cutáneos rematan xusto antes da pel, e debido á alta concentración de terminacións nerviosas, producen unha dor ben definida, localizada e breve. Exemplos das feridas que producen estas dores son os cortes do papel, os pequenos cortes, as queimaduras de primeiro grao e as laceracións.
  • A dor somática orixínase nos ligamentos, tendóns, ósos, vasos sanguíneos e incluso nos propios nervios. Detéctana os nociceptores somáticos. A escaseza de receptores da dor nesas zonas produce unha dor difusa, mal localizada e a miúdo de longa duración. Un exemplo son as dores que producen os esguinces ou as roturas de ósos.
  • A dor visceral orixínase nas vísceras ou órganos do corpo. Os nociceptores viscerais atópanse no interior dos órganos e nas súas cavidades. A maior escaseza de nociceptores nestas zonas produce unha dor que é xeralmente máis aguda e de maior duración cás somáticas. A dor visceral é extremadamente difícil de localizar, e en varias feridas que se producen nos tecidos dos órganos amosan dores diferidas, onde a sensación de dor aparece nunha zona que non ten ningunha relación visible coa zona onde se produce. O infarto de miocardio, que é a falta de rego nunha parte do músculo do corazón, é posiblemente o exemplo máis coñecido de dor diferida: a dor pode darse moi concretamente na parte superior do peito ou como unha punzada no ombro esquerdo, no brazo ou incluso na man esquerda. A dor diferida pode explicarse polo descubrimento de que os receptores de dor das vísceras excitan as mesmas neuronas da medula espiñal cás das dores cutáneas. Como o cerebro asocia normalmente estes estímulos a dores na pel ou nos músculos, cando se dan o cerebro entende que son desa segunda clase. Esta teoría de que a dor somática e a dor visceral converxen e forman sinapses na mesma sección da medula espiñal chámase hipótese de Ruch.
  • A dor pantasma das extremidades é a que o paciente percibe como procedente dunha extremidade que non ten (porque a perdeu) ou da que non recibe ningún tipo de sinal normalmente (paraplexias, hemiplexias etc.)
  • A neuralxia pode ocorrer como resultado dunha enfermidade ou dunha lesión do propio tecido nervioso, que incapacitan os nervios para transmitir correctamente a información ao tálamo e entón o cerebro interpreta estímulos de dor aínda que non hai nada obvio que os produce.

Significado evolutivo

A dor é unha cualidade sensorial fundamental que alerta os individuos de lesións nos tecidos, permitindo adoptar mecanismos de defensa ou fuga. Aínda que poida parecer estraño, a dor é un efecto extremamente necesario. É o sinal de alarma de que algún dano ou lesión está ocorrendo. En determinadas doenzas como a hanseiase poden producirse lesións nas terminacións nerviosas que impiden a percepción da dor, o que resulta particularmente perigoso.

Historia

Aristóteles foi quen estabeleceua relación da dor co sistema nervioso central. Xa no século XX os fisiólogos canadenses Ronald Melzack e Patrick Wall describiron a teoría das portas e limiares da dor.

Avaliación da dor

A dor cuantifícase para un mellor tratamento, para o que existen varios instrumentos de avaliación:

  1. Escala visual analóxica (EVA)
  2. Escala numérica
  3. Escala cualitativa
  4. Escala de rostros, coma o sistema de clasificación de expresións de dor (COPE) desenvolvido pola doutora Sheryl Brahman.

Hoxe en día e cada vez máis nos centros hospitalarios existen unidades de dor que traballan para reducir a dor dos pacientes, especialmente en enfermidades de forte dor crónica, coma o cancro.

Read other articles:

County Mason, KentuckyGedung pengadilan County Mason di MaysvilleMap of Kentucky highlighting County MasonLokasi di negara bagian KentuckyLokasi negara bagian Kentucky di Amerika SerikatDidirikan1788Asal namaGeorge MasonSeatMaysvilleKota terbesarMaysvilleWilayah • Keseluruhan246 sq mi (637 km2) • Daratan240 sq mi (622 km2) • Perairan63 sq mi (163 km2), 2.6Populasi • Kepadatanauto/sq mi (Kesalahan...

 

Gina Haspel Direktur Central Intelligence Agency ke-7Masa jabatan21 Mei 2018 – 20 Januari 2021PresidenDonald TrumpWakilVaughn Bishop PendahuluMike PompeoPenggantiDavid S. Cohen (Pelaksana tugas)William Joseph BurnsWakil DirekturCentral Intelligence Agency ke-6Masa jabatan2 Februari 2017 – 21 Mei 2018PresidenDonald Trump PendahuluDavid CohenPenggantiVaughn BishopPelaksana tugas DirekturNational Clandestine ServiceMasa jabatan28 Februari 2013 – 7 Mei 2013Preside...

 

Potential conditions for extraterrestrial life in binary star systems Schematic of a binary star system with one planet on an S-type orbit and one on a P-type orbit. This article is one of a series on:Life in the universe Outline Planetary habitability in the Solar System Venus Earth Mars Europa Enceladus Titan Life outside the Solar System Potentially habitable exoplanets Galactic habitable zone Habitability of... Binary star systems Natural satellites Neutron star systems Red dwarf systems ...

Tablet Babilonia yang menyatakan tentang komet Halley pada 164 SM. Menurut Asger Aaboe, asal mula astronomi Barat dapat ditemukan di Mesopotamia Ahli astronomi bangsa Babilonia telah lama dikenal unggul di dunia peradaban kuno. Beberapa ribu tahun sebelum Copernicus, mereka telah menyadari bahwa bumi dan planet-planet lain berbentuk bulat dan bahwa mereka berputar mengelilingi matahari. Dengan pengetahuan ini mereka dapat secara akurat memprediksi gerhana matahari dan bulan. Banyak pelajar mo...

 

International song competition Eurovision Song Contest 1961DatesFinal18 March 1961HostVenuePalais des Festivals et des CongrèsCannes, FrancePresenter(s)Jacqueline JoubertMusical directorFranck PourcelDirected byMaurice BarryExecutive producerMarcel CravenneHost broadcasterRadiodiffusion-Télévision Française (RTF)Websiteeurovision.tv/event/cannes-1961 ParticipantsNumber of entries16Debuting countries Finland Spain YugoslaviaNon-returning countriesNone Participation map  ...

 

IetasThe Greek theatreLokasi di ItaliaNama alternatifIaitas, Iaeta, Ietae, JetaeLokasiSan Giuseppe Jato, ItalyKoordinat37°58′0″N 13°12′0″E / 37.96667°N 13.20000°E / 37.96667; 13.20000Koordinat: 37°58′0″N 13°12′0″E / 37.96667°N 13.20000°E / 37.96667; 13.20000JenisSettlementSejarahPeriodeArchaic GreekBudayaAncient Greece Ietas (atau Iaitas atau Iaeta atau Ietae atau Jetae ), adalah sebuah kota kuno di pedalaman Sisilia...

American youth organization Camp Fire Girls redirects here. For the novel series, see Camp Fire Girls (novel series). Campfire Girls redirects here. For the rock band, see Campfire Girls (band). Camp FireHeadquartersKansas City, MissouriCountryUnited StatesFoundedinformally 1910; formally March 17, 1912Founders Luther Gulick, M.D. Charlotte Gulick Nation Board ChairJane ParkerPresident/CEOGreg Zweber Websitecampfire.org  Scouting portal Camp Fire, formerly Camp Fire USA and originally Ca...

 

Kodok hidup yang diapungkan secara magnetik oleh Sir Andre Geim dari Universitas Nijmegen dan Sir Michael Berry dari Universitas Bristol. Geim juga penerima penghargaan Nobel bidang Fisika pada penelitian mengenai grafena, menjadi satu-satunya yang menerima penghargaan Nobel dan Ig Nobel[1][2] Penghargaan Ig Nobel adalah sebuah parodi dari penghargaan Nobel yang mengkhususkan pada hasil penelitian yang pada awalnya membuat masyarakat tertawa, lalu membuat mereka berpikir. Peng...

 

Questa voce o sezione sull'argomento politici statunitensi non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Questa voce sull'argomento politici statunitensi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Robert D. R...

Indian ship and submarine company Mazagon Dock Shipbuilders LimitedCompany typePublicTraded asBSE: 543237 NSE: MAZDOCKIndustryShipbuildingFounded1934; 90 years ago (1934)[1]HeadquartersMumbai, Maharashtra, IndiaKey peopleSanjeev Singhal (Chairman & MD)ProductsNaval shipsSubmarines offshore platforms Tankers Bulk carriers Platform supply vessels Patrol boatsServicesShip designShip buildingShip repairRevenue ₹7,827.18 crore (US$980 million) (FY2023...

 

179-й гвардейскийистребительный авиационныйТрансильванскийордена Суворова полк Вооружённые силы ВС СССР Вид вооружённых сил ВВС ВВС Род войск (сил) истребительная авиация Почётные наименования «Трансильванский» Формирование 02.07.1944 г. Расформирование (преобразование) 1...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. Tanda lantai basah dengan peringatan dalam bahasa Inggris dan bahasa Spanyol Tanda lantai basah atau tanda lantai licin dipakai untuk memperingati orang bahwa lantai dalam keadaan basah dan mencegah mereka dari terpeleset dan jatuh.[1][2&#...

This article is about Islamic views on slavery. For other uses, see Islam and slavery (disambiguation). Part of a series onIslam Beliefs Oneness of God Angels Revealed Books Prophets Day of Resurrection Predestination Practices Profession of Faith Prayer Almsgiving Fasting Pilgrimage TextsFoundations Quran Sunnah (Hadith, Sirah) Tafsir (exegesis) Aqidah (creed) Qisas al-Anbiya (Stories of the Prophets) Mathnawi (Poems) Fiqh (jurisprudence) Sharia (law) History Timeline Muhammad Ahl al-Bayt S...

 

جائزة إسبانيا الكبرى 1991 (بالإسبانية: XXXIII Gran Premio Tío Pepe de España)‏  السباق 14 من أصل 16 في بطولة العالم لسباقات الفورمولا واحد موسم 1991 السلسلة بطولة العالم لسباقات فورمولا 1 موسم 1991  البلد إسبانيا  التاريخ 29 سبتمبر 1991 مكان التنظيم حلبة دي كاتلونيا، برشلونة، إسبانيا طول ا...

 

USA-related events during the year of 2012 This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 2012 in the United States – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2022) (Learn how and when to remove this message) ← 2011 2010 2009 2012 in the United States → 2013 2014 2015 Decades: 1990s ...

SONYの小型音楽プレーヤーについては「Sony Rolly」を、その他の用法については「ローリー」をご覧ください。 この存命人物の記事には検証可能な出典が不足しています。 信頼できる情報源の提供に協力をお願いします。存命人物に関する出典の無い、もしくは不完全な情報に基づいた論争の材料、特に潜在的に中傷・誹謗・名誉毀損あるいは有害となるものはすぐに除...

 

この記事には参考文献や外部リンクの一覧が含まれていますが、脚注による参照が不十分であるため、情報源が依然不明確です。 適切な位置に脚注を追加して、記事の信頼性向上にご協力ください。(2017年1月) ガーリッシュ ナンバー ジャンル 声優、青春 小説:ガーリッシュ ナンバー 著者 渡航 イラスト QP:flapper(キャラクター原案・カラーイラスト)やむ茶(モノ...

 

Voce principale: Campionato europeo di calcio 1992. Qualificazioni al campionato europeo di calcio 1992 Competizione Campionato europeo di calcio Sport Calcio Edizione 9ª Organizzatore UEFA Date dal 30 maggio 1990al 22 dicembre 1991 Luogo  Europa Partecipanti 33 Statistiche Miglior marcatore Darko Pančev (10) Incontri disputati 123 Gol segnati 333 (2,71 per incontro) Cronologia della competizione 1988 1996 Manuale Questa voce raccoglie un approfondimento sui risultat...

Species of fish Chaetodon pelewensis Conservation status Least Concern  (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Actinopterygii Order: Perciformes Family: Chaetodontidae Genus: Chaetodon Subgenus: Chaetodon (Exornator) Species: C. pelewensis Binomial name Chaetodon pelewensisKner, 1868 Synonyms[2] Chaetodon germanus De Vis, 1884 Chaetodon pelewensis, the dot dash butterflyfish, spotbanded butterflyfish or pun...

 

Herat National MuseumEstablished1925LocationHerat, AfghanistanCoordinates34°20′45.168″N 62°11′16.728″E / 34.34588000°N 62.18798000°E / 34.34588000; 62.18798000 The Herat National Museum is a museum located in Herat, Afghanistan. It was established in 1925 by order of Emir Amānullāh.[1] The new museum in the Qala Iktyaruddin Citadel in Herat, Afghanistan. See also List of museums in Afghanistan References ^ Afghanistan: Herat - Areia Antiqua (III) ...