Norah Borges

Modelo:BiografíaNorah Borges

(1928) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Leonor Fanny Borges Acevedo Editar o valor en Wikidata
4 de marzo de 1901 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1998 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesNorah Borges Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora, crítico de arte, ilustradora, debuxante Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Barraca Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeGuillermo de Torre (1928–1971) Editar o valor en Wikidata
PaisJorge Guillermo Borges Editar o valor en Wikidata  e Leonor Acevedo Suárez Editar o valor en Wikidata
IrmánsJorge Luis Borges Editar o valor en Wikidata

BNE: XX934139 WikiTree: Borges_Acevedo-1 Find a Grave: 7017152 Editar o valor en Wikidata

Norah Borges, pseudónimo de Leonor Fanny Borges,[1] nada en Buenos Aires o 4 de marzo de 1901 e finada na mesma cidade o 20 de xullo de 1998, foi unha artista plástica e crítica de arte arxentina pertencente ao Grupo de Florida.

Era irmá do escritor Jorge Luis Borges, quen a alcumaba Norah e retratábaa así

En todos os nosos xogos era ela sempre o caudillo, eu o que ficaba atrás, o tímido, o submiso. Ela subía á azotea, rubía ás árbores e aos outeiros. Eu seguíaa con menos entusiasmo que medo.
J. L. Borges, Norah

Traxectoria

Norah Borges y Guillermo de Torre
Norah Borges e Guillermo de Torre (1928)

O seu pai foi o avogado Jorge Guillermo Borges; e a súa nai, a tradutora Leonor Rita Acevedo.[2] En 1912 marchou coa familia a Suíza para tratar a cegueira progresiva do pai. Estudou na École deas Beaux-Arts de Xenebra co escultor clasicista Maurice Sarkisoff e con Arnaldo Bossi en Lugano, preto de expresionistas alemáns no exilio como Ernst Kirchner. Con Bossi aprendeu xilografía e a estética expresionista, segundo declarou ela mesma nunha reportaxe de 1940 na revista Atlántida.[3] En Suíza escribiu e ilustrou o seu primeiro libro poético, Notas lejanas (1915).[4] A estancia en Europa prolongouse por mor da Primeira Guerra Mundial até 4 anos.

Nunha viaxe pola Provenza, Norah ficou moi abraiada con Nîmes, paisaxe ao que dedicou algunhas pezas. Posteriormente entraron en España, onde ampliou os seus estudos e participou nas Vangardas. Instaláronse primeiro en Barcelona e logo, en 1919, en Palma de Mallorca, onde Norah estudou con Sven Westman. Alí os irmáns Borges colaboraron na revista Baleares, Norah co seu «Músicos ciegos». Despois, en Sevilla, entraron no Ultraísmo; publicou traballos seus en Grecia, Vltra, Tableros e Reflector, así como o proxecto de portada para El jardín del centauro en 1920, un libro de poemas de Adriano del Valle. Pasaron por Granada e finalmente recalaron en Madrid, onde Norah estudou co pintor Julio Romero de Torres, e estabeleceu amizade amais con Juan Ramón Jiménez. Ilustrou algúns dos seus poemas, mentres que el dedicoulle un dos retratos líricos do seu libro Españoles de tres mundos. Volveron a Palma de Mallorca en xuño de 1920[5] e en marzo de 1921 tomaron un barco de regreso a Buenos Aires.

Como pintora naíf, Norah vinculouse á vangarda literaria formada polo Grupo de Florida e dende a revista Prisma empezou a divulgar o ultraísmo na Arxentina. Porén, tamén explotou o influxo do cubismo que xa comezara a asimilar cos seus contactos franceses en España nas súas ilustracións para revistas como Mural, Proa ou Martín Fierro. Recuperou as imaxes de balaustradas e testos das casas porteñas e imaxes en extinción como as que compoñen a primeira edición de Fervor de Buenos Aires (1923), o poemario do seu irmán Jorge Luis.[6]

En 1923 a revista surrealista Manomètre de Lyon e en 1924 a Martín Fierro publicaron as súas pinturas.[7] En 1926 expuxo 75 traballos (óleos, xilografías, debuxos, acuarelas e tapices) na Asociación Amigos del Arte. En 1928 contraeu matrimonio co español Guillermo de Torre, escritor, crítico, estudoso do ultraísmo e experto nas vangardas artísticas e literarias. Coñecéranse en España cando Norah tiña apenas 19 anos. Tiveron dous fillos: Luis Guillermo (1937-2019) e Miguel (1939-2022).

Na Segunda Guerra Mundial foi vogal suplente na Xunta da Vitoria na Arxentina, asociación feminista antifascista que dirixían Cora Ratto e Ana Rosa Schlieper. Nela militaron a escritora María Rosa Oliver, a fotógrafa Annemarie Heinrich, a psicanalista Mimí Langer, a artista Raquel Forner e o poeta Silvina Ocampo.[8] Norah ilustrou a edición do seu Cuaderno San Martín como fixera antes con Luna de enfrente e Fervor de Buenos Aires, e cos libros Las invitadas (1961) e Autobiografía de Irene (1962) de Silvina Ocampo.[9]

Exerceu a crítica de arte en Anales de Buenos Aires co pseudónimo de Manuel Pinedo. Investigou sobre o gravado e non deixou de pintar practicamente até a súa morte, aínda que regalaba a súa obra e non coidou de realizar exposicións regularmente.[10]

En 1942 publicouse na Arxentina unha edición de Platero y yo de Juan Ramón Jiménez con ilustracións e viñetas de Norah. Tamén exerceu como artista gráfica noutros libros de españois emigrados na Arxentina como Ramón Gómez de la Serna, Rafael Alberti e León Felipe. Amais dos do seu irmán, tamén ilustrou libros doutros escritores arxentinos como Silvina Ocampo, Victoria Ocampo, Adolfo Bioy Casases, Norah Lange e Julio Cortázar. Tamén deseñou escenografía para Federico García Lorca. Foi amiga de Maruxa Mallo e Xul Solar.[11]

Norah Borges en 1996 nunha entrevista de televisión de Canal 7 (Arxentina)[12]

Utilizou as técnicas do óleo, a acuarela, o gravado, a xilografía, o debuxo a tinta e lapis, a témperas, o acrílico e o tapiz.

Norah e o seu irmán pertencían a un colectivo de escritores coñecido como o Grupo de Florida. Recibiu este nome porque a redacción de Martín Fierro, a revista en que publicaban, situábase nas proximidades desta rúa bonaerense. Reuníanse na Confeitaría Richmond escritores como Victoria Ocampo, Leopoldo Marechal e Oliverio Girondo, entre outros escritores arxentinos. Situábanse en contraposición dialéctica e literaria co Grupo de Boedo, que publicaba na Editorial Claridad e reuníase no Café El Japonés, de orixe moito máis humilde. Os seus integrantes incluían, entre outros, a Roberto Arlt.[13]

En 2020 organizouse no Museo Nacional de Belas Artes de Buenos Aires (MNBA) a exposición Norah Borges, una mujer en la vanguardia, unha retrospectiva de toda a súa obra. A mostra, con máis de 200 obras entre pinturas, gravados, ilustracións, tapices e textos, foi comisariada polo investigador Sergio Baur.[14][15]

Os seus restos atópanse na bóveda familiar do Cemiterio de Recoleta xunto ao seu esposo e os seus pais.

Notas

  1. Juan Fernández, Jorge Juan (2019). El hecho religioso diario (en castelán). PPC Editorial. ISBN 9788428833578. 
  2. "Norah Borges: una mujer en la vanguardia". Ministerio de Cultura (en castelán). 20 de xaneiro de 2020. 
  3. "Norah Borges, ilustradora". La Nación (en castelán). 21 de febreiro de 2001. Consultado o 5 de decembro de 2023. 
  4. Cultura, Equipo de Desarrollo de la Dirección de Sistemas | Secretaría de Gobierno de. "Museo Nacional de Bellas Artes". Consultado o 2021-06-02. 
  5. "Las pinturas sin viento de Norah Borges". Ramona (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2021. 
  6. Bradford, Matías Serra (2019-12-13). "Norah Borges en el MNBA. Momento de ser norahístas" (en castelán). Consultado o 2021-06-02. 
  7. Borges, Norah (febreiro de 1927). "Pinturas". Martín Fierro (en castelán) (38): 307. 
  8. García Chacón, Irene; Garcerá, Fran (2018). "Cuando la patria es el idioma: la correspondencia inédita de Norah Borges a Gabriela Mistral (1935-1948)". Investigaciones Feministas (en castelán) 9 (1): 29–46. ISSN 2171-6080. doi:10.5209/INFE.56000. 
  9. "Otro cuadro de la Colección Paideia del Estudio Garrido elegido por Correo Argentino para celebrar la Navidad" (en castelán). 5 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  10. Torresi, Guillermina (23 de agosto de 2016). "Historia de un descubrimiento: Norah Borges, la artista que creaba en la oscuridad". La Vanguardia (en castelán) (Barcelona). Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  11. Canteros, Gabriela (19 de xullo de 2020). "Con B de Borges". Agencia Paco Urondo (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  12. Zurbaran El Arte de los Argentinos (14 de novembro de 2014). Arte - Norah Borges, "El Arte de los Argentinos" Programa 024, Bloque 2 – Zurbarán (en castelán). 
  13. "Norah Borges y sus personajes que sueñan con el amor.". 3 Minutos de Arte (en castelán). 
  14. Centenera, Mar (9 de xaneiro de 2020). "Norah Borges sale de las sombras en Argentina". El País (en castelán) (Buenos Aires). ISSN 1134-6582. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  15. "Una retrospectiva pone en valor la obra de Norah Borges, “la pintora del ultraísmo”". Artishock (en castelán). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2023. 

Bibliografía

  • Baur, Sergio (2001). "Norah Borges, musa de las vanguardias". Cuadernos hispanoamericanos (en castelán) (610): 87–96. ISSN 0011-250X. 
  • Lorenzo Alcalá, May (2009). Norah Borges: La Vanguardia Enmascarada. Lectores (en castelán). Buenos Aires: Eudeba. ISBN 9789502316970. 

Ligazóns externas


Read other articles:

Artikel ini memberikan informasi dasar tentang topik kesehatan. Informasi dalam artikel ini hanya boleh digunakan untuk penjelasan ilmiah; bukan untuk diagnosis diri dan tidak dapat menggantikan diagnosis medis. Wikipedia tidak memberikan konsultasi medis. Jika Anda perlu bantuan atau hendak berobat, berkonsultasilah dengan tenaga kesehatan profesional. Asam mefenamat Nama sistematis (IUPAC) Asam 2-(2,3-dimetilfenil)aminobenzoat Data klinis Nama dagang Ponstel, Ponstan, dan banyak lainnya AHF...

 

Pearl WhiteLahirPearl Fay White(1889-03-04)4 Maret 1889Green Ridge, Missouri, Amerika SerikatMeninggal4 Agustus 1938(1938-08-04) (umur 49)Neuilly-sur-Seine, PrancisMakamCimetière de PassyKebangsaanAmerika SerikatPekerjaanAktrisTahun aktif1910–1924Suami/istriVictor Sutherland ​ ​(m. 1907; bercerai 1914)​ Wallace McCutcheon, Jr. ​ ​(m. 1919; bercerai 1921)​ Pearl Fay White (4 Maret 1889...

 

Filmmaking in Egypt Egyptian cinemaNo. of screens221 (2015)[1] • Per capita0.4 per 100,000 (2010)[1]Main distributors Misr International FilmsFilm ClinicOscarNasrEl MassahSynergyCinema MasrSphinxStudio MisrUnited[2]Produced feature films (2005–2009)[3]Total42 (average)Number of admissions (2015)[4]Total9,561,000Gross box office (2015)[4]Total$267 million This article is part of a series onLife in Egypt Culture A...

US Navy frigate History United States NameUSS Hingham NamesakeHingham, Massachusetts Launched27 August 1943 Sponsored byMrs. Katherine F. Harrington Commissioned3 November 1944 Decommissioned5 June 1946 FateSold 15 August 1947 and scrapped General characteristics Class and typeTacoma-class frigate Displacement1,264 tons Length303 ft 11 in (92.63 m) Beam  37 ft 6 in (11.43 m) Draft  13 ft 8 in (4.17 m) Propulsion Three boilers 2 × 5,500 S...

 

Магаданская и Синегорская епархия Троицкий собор в Магадане Страна  Россия Церковь Русская православная церковь Дата основания 31 января 1991 года Управление Главный город Магадан Кафедральный собор Троицкий Иерарх Архиепископ Магаданский и Синегорский Иоанн (Павлих�...

 

拉尔·巴哈杜尔·夏斯特里第二任印度总理任期1964年6月9日—1966年1月11日总统薩瓦帕利·拉達克里希南前任古爾扎里拉爾·南達继任古爾扎里拉爾·南達印度外交部長任期1964年6月9日—1964年7月18日总理自己前任古爾扎里拉爾·南達继任斯瓦倫·辛格(英语:Swaran Singh)印度內政部長任期1961年4月4日—1963年8月29日总理賈瓦哈拉爾·尼赫魯前任戈文德·巴拉布·潘特(英语:Govind Balla...

Questa voce sugli argomenti stati scomparsi e Colonie è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Questa voce sull'argomento Delaware è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Colonia del Delaware Dati amministrativiNome completoDelaware Colony Lingue ufficialiInglese Lingue parlateInglese CapitaleNew Castle Dipendente da Regno d'Inghilterra (1664-1707...

 

Pour les articles homonymes, voir Miller. Kate Miller-HeidkeKate Miller-Heidke au festival du court métrage Tropfest à Sydney en 2013BiographieNaissance 16 novembre 1981 (42 ans)QueenslandNationalité australienneFormation Queensland Conservatorium Griffith University (en)Kelvin Grove State College (en)Université GriffithUniversité de technologie du QueenslandSt Aidan's Anglican Girls' School (en)Activités Artiste lyrique, auteure-compositrice, actricePériode d'activité depuis 20...

 

Sebuah tanda di luar sepeda yang diparkirkan di Chiba, Jepang, yang bertuliskan Jangan membelai Ketika digunakan dalam konteks seksual, membelai adalah menyentuh atau meraba orang lain dengan cara seksual yang tidak dipersilahkan menggunakan tangan. Istilah tersebut umumnya memiliki pengartian yang negatif dalam beberapa masyarakat, dan dianggap sebagai serangan seksual. Menyentuh tubuh seseorang saat aktivitas seksual, pemijatan, atau pengujian pengobatan tidak selalu dianggap membelai. Bagi...

1990 British television serial For the 2013 American adaptation of the series, see House of Cards (American TV series). House of CardsBased onHouse of Cardsby Michael DobbsWritten byAndrew DaviesMichael DobbsDirected byPaul SeedStarringIan RichardsonSusannah HarkerMiles AndersonAlphonsia EmmanuelMalcolm TierneyDiane FletcherColin JeavonsDamien ThomasKenneth GilbertDavid LyonKenny IrelandJames VilliersIsabelle AmyesMusic byJim ParkerCountry of originUnited KingdomOriginal languageEnglishNo. of...

 

Déclaration unanime des treize États unis d’Amérique Pour un article plus général, voir Déclaration d'indépendance. Déclaration d'indépendance des États-Unis Copie de 1823 de la Déclaration. Titre original The unanimous declaration of the thirteen united States of America (traduction française sur Wikisource) Rédigé le 11 juin au 4 juillet 1776 Présenté le 4 juillet 1776 Ratifié le 4 juillet 1776 Lieu Independence Hall à Philadelphie Commanditaire Secon...

 

خطل السمع معلومات عامة من أنواع هلوسة،  واضطراب السمع  [لغات أخرى]‏  تعديل مصدري - تعديل   الهلوسة السمعية (بالإنجليزية: Auditory hallucination)‏ أو خطل السمع (بالإنجليزية: paracusia)‏ هو نوع من أنواع الهلوسة تتصف بإدراك الصوت من دون منبه صوتي.ويجب التمييز بين الهلوسة السمع�...

Questa voce sull'argomento piloti di Formula 1 è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Roger LaurentNazionalità Belgio Automobilismo CategoriaFormula 1 Termine carriera3 agosto 1952 CarrieraCarriera in Formula 1Esordio22 giugno 1952 Stagioni1952 Scuderie HWM 1952 Ecurie Francorchamps 1952 GP disputati2   Modifica dati su Wikidata · Manuale Roger Laurent (Liegi, 21 febbraio 1913 – Uccle, 6 febbraio 1997) è stato un pilota di...

 

Korean kingdom (57 BCE – 935 CE) For the district in Fujian Province, China, see Xinluo, Longyan. For other uses, see Silla (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Silla – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (January 2023) (Learn how and when to remove this message) Silla�...

 

Pour les articles homonymes, voir Sciences Po. Institut d'études politiques de ParisL'entrée du 27 rue Saint-Guillaume.HistoireFondation 1872StatutType Grand établissement (EPSCP)[1]Forme juridique Établissement public national à caractère scientifique culturel et professionnel (d)Régime linguistique FrançaisFondateur Émile BoutmyDirecteur Jean BassèresMembre de Fondation nationale des sciences politiques, Conférence des grandes écoles (CGE)Site web www.sciencespo.frChiffres-clé...

Metro station in Tokyo, Japan S05 Z06 T07Kudanshita Station九段下駅No. 4 entrance in April 2010General informationLocation1-6-1 Kudan-minami (Tokyo Metro)1-13-19 Kudan-kita (Toei Subway)Chiyoda, TokyoJapanCoordinates35°41′43″N 139°45′05″E / 35.6954°N 139.7514°E / 35.6954; 139.7514Operated by Tokyo Metro Toei Subway Line(s) S Shinjuku Line Z Hanzōmon Line T Tozai Line Platforms2 side platforms (Tozai Line), 1 island platform and 2 side platforms (Hanzō...

 

Not to be confused with Clytus (mythology). In Greek mythology, Cleitus or Clitus (/ˈklaɪtəs/; Ancient Greek: Κλεῖτος or Κλειτός Kleitos meaning renowned, famous, from kleos) may refer to: Cleitus, an Egyptian prince as one of the 50 sons of King Aegyptus.[1] His mother was a Tyria and thus full brother of Sthenelus and Chrysippus. In some accounts, he could be a son of Aegyptus either by Eurryroe, daughter of the river-god Nilus,[2] or Isaie, daughter of Kin...

 

1980年代〜1990年代のプロ野球選手「松村高明」とは別人です。 この存命人物の記事には検証可能な出典が不足しています。 信頼できる情報源の提供に協力をお願いします。存命人物に関する出典の無い、もしくは不完全な情報に基づいた論争の材料、特に潜在的に中傷・誹謗・名誉毀損あるいは有害となるものはすぐに除去する必要があります。出典検索?: 松本高�...

Legislative act of the European Union This article is part of a series onPolitics of the European Union Member states (27) Austria Belgium Bulgaria Croatia Cyprus Czech Republic Denmark Estonia Finland France Germany Greece Hungary Ireland Italy Latvia Lithuania Luxembourg Malta Netherlands Poland Portugal Romania Slovakia Slovenia Spain Sweden Candidate count...

 

German-American statistician Frederick Ludwig HoffmanBorn(1865-05-02)May 2, 1865Varel, Grand Duchy of OldenburgDiedFebruary 23, 1946(1946-02-23) (aged 80)San Diego, California, United StatesBurial placeGreenwood Memorial ParkOccupationStatisticianSpouse Ella G. Hay ​(m. 1891)​Children7Signature Frederick Ludwig Hoffman (May 2, 1865 – February 23, 1946) was an American statistician who showed great foresight on some public health issues, but his work in some...