Nikolai Nekrasov

Modelo:BiografíaNikolai Nekrasov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1821 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Nemyriv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 1877 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (56 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro colorrectal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNovodevichy Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónImperial St. Petersburg University (en) Traducir (1839–1841)
Universidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, crítico literario, xornalista, autobiógrafo, escritor, xornalista de opinión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorOtechestvennye Zapiski (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeZinaida Nekrasova (1877 (Xuliano)–1877 (Xuliano)), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaAvdotya Panaeva Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Alekseyevna Butkevich Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Russian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0624968 BNE: XX1012471 Musicbrainz: 3dab9ca0-7f30-4f9d-9975-33782fc8ea40 Discogs: 764842 IMSLP: Category:Nekrasov,_Nikolay WikiTree: Некрасов-1 Editar o valor en Wikidata

Nikolai Alekseevich Nekrasov (en ruso Николай Алексеевич Некрасов), nado en Nemirov (Gobernación de Podolia) o 10 de decembro de 1821 e finado en San Petersburgo o 8 de xaneiro de 1878, foi un poeta e autor teatral ruso.

Traxectoria

Naceu nunha familia de terratenentes e a súa infancia transcorreu nas beiras do río Volga, das que contou as súas grandezas e miserias nos seus versos. Dende moi neno padeceu un ambiente familiar tenso, coas cacerías e ruidosas bacanais que organizaba o seu pai, e as escenas de castigos, maltratos e desprezos que este, home despótico e cruel, inflixía aos seus servos campesiños deixaron fonda impresión na mente e no espírito do futuro poeta. Cursou estudos en distintos internados e no instituto público de Iaroslavl, onde comezou a escribir algunhas poesías satíricas e se interesou polo teatro; porén, estudaba mal e apenas foi capaz de facer cinco cursos en seis anos. En 1838 chegou a Moscova e intentou dous anos consecutivos ingresar na universidade, mais non logrou superar os exames de ingreso. Malviviu os tres anos seguintes, durmindo en albergues para vagabundos e escribindo cartas de encargo na praza do mercado a cambio de comida. A súa primeira poesía, "Дума" ("O pensamento"), publicouse en 1838 na revista Syn otechestva.

En febreiro de 1840 Nekrasov publicou a súa primeira colección de poemas empregando as iniciais "N. N." seguindo o consello do seu patrón Vasili Zhukovski que suxeriu que o autor podía sentirse avergoñado polos seus exercicios infantís nalgúns anos.[1] O libro, con críticas favorables de Piotr Pletniov e Ksenofont Polevoi, foi rexeitado por Alexei Galakhov e Vissarion Belinsky. Varios meses máis tarde, Nekrasov destruíu os exemplares non vendidos. Algunhas copias que sobreviviron convertéronse nunha rareza dende entón.[2]

Buscando a súa identidade literaria, escribiu varios vodevís que se estrearon con éxito e boa crítica, mais tampouco era este o camiño que quería seguir.[3]

A súa verdadeira actividade chegou coa adquisición dos dereitos de publicación das revistas Sovremennik en 1847 e Anais da Patria en 1866, onde colaboraron as plumas máis importantes das letras rusas. Na medida que se ía radicalizando cara á esquerda a postura da primeira delas, foron marchando dela os aristócratas Lev Tolstoi, Ivan Turgenev, Goncharov, Saltikov-Shchedrin, e entraron os narodniki ou "populistas" e "heteroxéneos", homes máis afíns ás ideas social-revolucionarias, como Nikolai Dobroliubov, Nikolai Chernishevski, Vissarion Belinski, Nikolai Pomialovski, Fiodor Reshetnikov e outros, amigos e colaboradores de Nekrasov.

As Obras completas de Nekrasov, do grupo de poetas populistas e cantor do campo e das liberdades cívicas, ocupan doce tomos. Está enterrado no cemiterio Novodevichi de San Petersburgo. Catro mil persoas acudiron ao seu enterro, e a comitiva converteuse nunha manifestación política.[1]

Obra

A obra poética de Nekrasov é ampla, polifacética e rica, cunha temática variada: poesía lírica e intimista, cívica e social e, moi especialmente, de temática campesiña, mais sempre cun carácter de denuncia social, protesta e inconformismo. A actitude crítica e negativa ante o estado das cousas constitúe a característica esencial da súa creación poética.

Tamén se ocupou dos nenos escribindo para eles unha serie de poemas como Дедушка Мазай и зайцы (1870).[3]

Nos seus últimos anos, canso de loitar e enfermo, escribiu fermosas elexías e poesías líricas intimistas, en que intenta resumir a súa vida, próxima á súa fin.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 Garkavi, A.M. N.A.Nekrasov's biography. Timeline. The Works by N.A.Nekrasov in 8 vol. Khudozhestvennaya Literatura, Moscova. 1967. Vol. VIII. Pp. 430-475
  2. Nekrasov, Nikolai Alexeyevich. Russian Biographical Dictionary. 1911. 
  3. 3,0 3,1 Lebedev, Yu, V. (1990). "Nekrasov, Nikolai Alekseyevich". Russian Writers. Biobibliographical Dictionary. Vol. 2. Ed. P.A.Nikolayev. Moscow. Prosveshchenye Publishers. Consultado o 1 de maio de 2014. 
  4. Skatov, N.N. Nekrasov. Contemporaries and Followers// Современники и продолжатели. Páx. 258

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas