Nadia de Santiago Capell, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1990, é unha actriz española coñecida tanto polo seu papel en Las trece rosas como polo de Asunción Muñoz en Amar en tiempos revueltos, a súa secuela Amar es para siempre[1] e polo seu papel de Marga Suárez na exitosa serie de Netflix Las chicas del cable.
Traxectoria
Empezou a súa carreira como actriz moi nova participando en películas coma Clara y Elena, La soledad era esto e El florido pensil. Tamén nos seus comezos, presentou programas infantís tales coma Aquatrix (1999) e El submarino Azul (2000).
En 2002, conseguiu o seu primeiro papel regular na serie Javier ya no vive solo de Telecinco.[1] Tamén formou parte do elenco recorrente das series Ana y los siete (2004) de Televisión Española, Al filo de la ley (2005) de Televisión Española e Cambio de Clase (2006-2009) de Disney Channel. Ademais, tamén tivo participacións episódicas nas series de grande éxito nacional como Los hombres de Paco de Antena 3, Hospital Central e El Comisario, ambas de Telecinco.
No cinema participou en diversos filmes como Alatriste (2006), de Agustín Díaz Yanes ou Las trece rosas (2007), de Emilio Martínez Lázaro coa que conseguiu un nomeamento nos Premios Goya e outro na Unión de Actores.[2]
En 2009, incorporouse ao elenco da serie de Antena 3 90-60-90, diario secreto de una adolescente, onde interpretou a Luz. Ese mesmo ano tamén participou na primeira tempada da serie La Señora de Televisión Española. En 2010, incorporouse á sexta tempada da serie Amar en tiempos revueltos, de Televisión Española. Nela interpretou a Asunción Muñoz ata o final de dita serie, que foi cancelada pola súa baixa audiencia na sétima tempada.[3] Porén, Nadia seguiu interpretando a Asunción Muñoz en Amar es para siempre, a continuación de Amar en tiempos revueltos, que se emitiu en Antena 3 ata a súa terceira tempada.[4]
En 2011, estreouse a serie de suspense de Telecinco Punta Escarlata, onde foi membro do elenco xunto con Carles Francino e Antonio Hortelano.[5] Tamén ese ano protagonizou a miniserie de Antena 3 Sofía, un biopic sobre a Raíña Sofía de España. Nadia interpretou a unha xove Sofía de Grecia xunto a Jorge Suquet e Emma Suárez, entre outros.[6] En 2013, participou na miniserie de Telecinco Niños Robados, onde interpretou a Conchita, unha moza á que lle arrebatan o seu bebé nada máis dar a luz.[7] Durante a súa participación en distintas series de televisión, Nadia tamén formou parte de diversos proxectos cinematográficos como Ali (2012) de Paco R. Baños, Musarañas (2014) de Juanfer Andrés e Estaban Roel e Stop over in hell (2016) de Víctor Matellano.[8][9][10]
No ano 2016, actuou como personaxe episódica nas series de Televisión Española El ministerio del tiempo e El Caso: Crónica de sucesos.[11]
En 2017, protagonizou a primeira tempada da serie de Netflix Las chicas del cable xunto a Blanca Suárez, Maggie Civantos e Ana Fernández entre outras.[12] En maio de 2017 a plataforma anunciou a segunda tempada da serie estreada arredor de decembro de 2017 ao mesmo tempo que comunicou a renovación por unha terceira tempada na estrea de 2018. A serie concluíu coa entrega da súa cuarta entrega, e con ela deuse fin ás súas protagonistas.[13]
En 2021, estreouse en Netflix El tiempo que te doy, unha serie conceptual de capítulos breves, que narra unha relación sentimenntal, na cal Nadia é a protagonista e creadora da serie. Os premios Feroz 2022, nomearon a obra á mellor serie dramática, e a mellor actriz principal (a propia Nadia de Santiago) e actor principal (Álvaro Cervantes).
Filmografía
Series de televisión
Programas de televisión
Ano
|
Programa
|
Notas
|
1999
|
Aquatrix
|
Presentadora
|
2000
|
El Submarino Azul
|
Presentadora
|
Filmes
Curtametraxe
Ano
|
Título
|
Personaxe
|
Notas
|
2002
|
Recuerdos de mamá
|
Elenita
|
|
2007
|
Test
|
|
|
2010
|
Mi otra mitad
|
Andrea
|
|
2013
|
La sorpresa de Aquinara
|
Nadia
|
|
2014
|
La cañada de los ingleses
|
Sirena
|
|
2016
|
Camada
|
Irene
|
|
Postales
|
Chicas
|
|
2017
|
Dos segundos de silencio
|
Irene
|
|
Orgullo nacional
|
Manuela
|
|
2018
|
4,9
|
|
|
2019
|
Gladiadores
|
Ella
|
|
Teatro
Ano
|
Obra
|
Director
|
2014
|
Cuatro confesiones
|
Bárbara Santa-Cruz
|
2015
|
La novia de papá
|
Joe O'Curneen
|
Premios e nomeamentos
Premios Goya
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2007
|
Mellor actriz revelación
|
Las 13 rosas
|
Nomeada
|
Premios Feroz
Premios Forqué
Premios da Unión de Actores
Ano
|
Categoría
|
Filme
|
Resultado
|
2007
|
Mellor actriz secundaria de cinema
|
Las trece rosas
|
Nomeada
|
Gañadora da Biznaga de Prata á mellor actriz pola curtametraxe no Festival de Cinema de Málaga por Test (2008).
Notas