El florido pensil

El florido pensil
Título orixinalEl florido pensil
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
editar datos en Wikidata ]

Xosé Manuel Olveira "Pico" nunha representación teatral da obra.

El florido pensil (de título completo El florido pensil. Memoria de la escuela nacionalcatólica) é un libro de 1994.[1] Foi escrito por Andrés Sopeña Monsalve, profesor de Dereito na Universidade de Granada e especialista en comunicación social.[2] O autor do prólogo é Gregorio Cámara Villar, catedrático de Dereito Constitucional na mesma universidade.[3]

Consiste nunha recreación do sistema educativo da posguerra española. Os trazos identitarios deste eran a ideoloxía nacionalcatólica do primeiro franquismo e unha metodoloxía tradicional baseada no dogmatismo. A imposición da autoridade mediante a disciplina tiña como consecuencia a adquisición rutineira dos coñecementos por memorización, sen permitir a máis mínima posibilidade de cuestionamiento nin crítica. A comprensión dos contidos non era importante, de feito, o propio título fai referencia a unha expresión incomprensíbel para os nenos.

A nostalxia, a inxenuidade e o uso da ironía son comúns na presentación dos contidos da obra.[4]

Foi adaptada ao teatro polo grupo vasco Tanttaka (1996)[5] e o galego Eme2[6] e ao cine por Juan José Porto (2002).[7]

Significado de «florido pensil»

O título está inspirado nun verso dunha letra de autoría descoñecida da Marcha Real que aparece na Enciclopedia Álvarez:

Fuiste de glorias florido pensil
hoy reverdecen a un impulso juvenil

«Pensil» ou «pénsil» (o Diccionario de la lengua española acepta ambas as acentuacións) procede do latín pensĭlis (colgante: que colga ou está suspendido no ar). O adxectivo aplícase en especial aos xardíns (por referencia histórica, aos xardíns colgantes de Babilonia).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas

  1. Sopeña Monsalve, Andrés (1994). El florido pensil (en castelán). Prólogo de Gregorio Cámara Villar. Crítica. ISBN 9788474236736. 
  2. Rodríguez Gómez, Ramón G. (4 de xuño de 1997). "Andrés Sopeña, escritor: "Me duele que la lectura sea obligatoria y se haga sin amor"". Andalucía Educativa (en castelán) (4): 56. 
  3. "GREGORIO CÁMARA VILLAR". Universidad de Granada (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  4. "DEBATE DEL MES: FEBRERO 2011". Bormujoseduca 2.0 (en castelán). 4 de febreiro de 2011. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  5. Esteban, Rafael (28 de xuño de 2007). "Ensayo educativo". El Mundo (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  6. "O florido pénsil". Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 
  7. "El florido pensil (2002)". Filmaffinity (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2023.