Música de Nova Zelandia

A música popular de Nova Zelandia ten sido influenciada polo blues, jazz, country, rock and roll e hip hop, e moitos destes xéneros recibiron unha interpretación única no país oceánico.[1][2] Un bo número de músicos populares acadaron éxito internacional, entre eles: Split Enz, Crowded House, OMC, Bic Runga, Ladyhawke, The Naked and Famous, Fat Freddy's Drop, Flight of the Conchords, e Lorde.[3]

A música maorí precolonial estaba baseada en torno a unha forma de canto microtonal, e instrumentos chamados taonga pūoro: unha variedade de soprado, golpeo e instrumentos feitos de madeira baleirada, pedra, marfil de balea, ósos de albatros, e ósos humáns. No século XIX, os colonos europeos levaron formas e agrupacións musicais a Nova Zelandia, entre elas as brass bands e a música coral, e os músicos comezaron a viaxar a Nova Zelandia na década de 1860.[4][5] As bandas de gaitas estendéronse durante os primeiros anos do século XX.[6]

Nova Zelandia ten unha orquestra nacional, a New Zealand Symphony Orchestra, e varias orquestras rexionais. Varios compositores neozelandeses adquiriron reputación internacional, destacando Douglas Lilburn,[7] John Psathas,[8] Jack Body,[9] Gillian Whitehead,[10] Jenny McLeod,[11] Gareth Farr,[12] Ross Harris,[13] e Martin Lodge.[14]

Música maorí

Artigo principal: Música maorí.
Grupo de cultura maorí no festival de Nambassa de 1981.

O canto maorí anterior á chegada dos europeos era microtonal, cunha liña melódica repetida que non se movía moi lonxe respecto dunha nota central. O canto grupal era ao unísono ou dobrado á oitava. Con orixes nas antigas culturas do sueste asiático, o son destes cantos era descrito polos primeiros colonos europecos como "monótonos" e "tristes".[15]

Taonga pūoro

Artigo principal: Taonga pūoro.

A música instrumental anterior á chegada dos europeos era interpretada nos instrumentos tradicionais (taonga pūoro), unha variedade de soprado, golpeo e instrumentos feitos de madeira baleirada, pedra, marfil de balea, ósos de albatros, e ósos humáns.[16] O pūkāea (trompeta de madeira), hue (cabaza), e pūtātara (trompeta de cuncha) tiñan moitas funcións entre a sociedade maorí precolonial, entre elas a chamada ao combate, o mencer dun novo día, comunicacións cos deuses e o plantar as colleitas.[17] O taonga pūoro ten sido revitalizado ao longo dos últimos trinta anos polo Doutor Richard Nunns, Hirini Melbourne, e Brian Flintoff.

Música maorí contemporánea

Os colonos europeos levaron as súas harmonías e instrumentos, que foron adoptados de xeito gradual polos músicos maorís. A canción de acción (waiata-ā-ringa) desenvolveuse en gran medida a principios do século XX.[18]

A mediados de finais do século XX, os cantantes e compositores maorís como Howard Morrison, Prince Tui Teka, Dalvanius Prime, Moana Maniapoto e Hinewehi Mohi desenvolveron un estilo distintivo con influencias maorís.[19] Algúns artistas publicaron cancións en lingua maorí, e a arte tradicional maorí do kapa haka (canto e danza) tivo un rexurdimento.[20]

Pop

A primeira canción pop neozelandesa foi "Blue Smoke", escrita a mediados dos anos 1940 por Ruru Karatiana.[21] Pixie Williams gravou a canción en 1949 e, a pesar de que conseguiu o triplo platino en Nova Zelandia, o premio pola venda de 50.000 copias da canción non lle foi entregado a Pixie Williams ata o 13 de xullo de 2011.[22] A chegada da televisión musical conduciu nos anos '60 ao ascenso de Sandy Edmonds, unha das primeiras estrelas do pop neozelandés.[23][24]

Formado a principios da década de 1970 e principalmente representado por Phil Judd e os irmáns Tim e Neil Finn, Split Enz logrou éxitos nas listas de Nova Zelandia, Australia, e o Canadá ‒ o máis destacado co seu single de 1980 I Got You - e convertéronse nun grupo de culto noutros lugares. Os vídeos dalgunhas cancións da banda dos anos 1980 estiveron entre os primeiros emitidos na MTV. En 1985, Neil Finn formou a banda de pop rock Crowded House en Melbourne, Australia. Os outros membros fundadores foron os australianos Paul Hester e Nick Seymour. Outros membros posteriores da banda foron o irmán de Neil, Tim Finn, e os americanos Mark Hart e Matt Sherrod. Orixinalmente activa entre 1985 e 1996, a banda tivo un éxito comercial e de crítica en Australia e Nova Zelandia,[25][26][27] e nas listas internacionais en dúas fases, bomezando co seu álbum homónimo de debut, Crowded House, que acadou o 12º posto na Lista de Álbums dos Estados Unidos en 1987 e o "Top Ten hits", Don't Dream It's Over e Something So Strong.[28][29] Ademais os éxitos internacionais chegaron no Reino Unido e Europa co seu terceiro e cuarto álbum, Woodface e Together Alone e o álbum recompilatorio Recurring Dream, que incluíu os hits Fall at Your Feet, Weather with You, Distant Sun, Locked Out, Instinct e Not the Girl You Think You Are.[30][31] A Raíña Isabel II concedeulles a Orde do Imperio Británico a Neil e Tim Finn, en xuño de 1993, pola súa contribución á música de Nova Zelandia.[32]

Álbums e Singles máis vendidos

A canción pop máis vendida de todos os tempos en Nova Zelandia é How Bizarre, de OMC. A canción chegou ao número un en Nova Zelandia, Australia, Canadá, Irlanda, Suráfrica e Austria. Estivo durante 36 semanas no Billboard's Hot 100 dos Estados Unidos, chegando ata o 4º posto. Chegou ao 5º posto no Reino Unido, e estivo no Top 10 en Portugal e Israel.[33]

En 2008, o dúo cómico folk Flight of the Conchords alcanzou éxito internacional co seu álbum homónimo. O álbum debutou no terceiro posto do Billboard 200 estadounidense, vendendo en torno a 52.000 copias na súa primeira semana.[33]

En 2011, a cantante neozelandesa Kimbra colaborou coa cantante belga-australiana Gotye na súa canción Somebody That I Used To Know. A canción liderou as listas nacionais dos Estados Unidos, Reino Unido, Australia, e outros 23 países máis, chegando ao Top 10 en máis de 30 países de todo o mundo. A canción vendeu máis de 13 millóns de copias en todo o mundo, converténdose nun dos singles dixitais máis vendidos de todos os tempos.[34]

En setembro de 2013, a cantante de 16 anos Lorde chegou ao Top 5 nos Estados Unidos e o Canadá co seu single "Royals", tornándose a muller neozelandesa máis vendida nos Estados Unidos na historia. Na 56 edición dos Premios Grammy, Lorde recibiu catro nomeamentos e gañou o premio á Canción do Ano e á Mellor Interpretación Pop Solista.

Radio airplay

A industria discográfica de Nova Zelandia comezou a desenvolverse a partir de 1940.[1] A Recording Industry Association of New Zealand (RIANZ) publica lista de éxitos musicais semanal de Nova Zelandia.[35] A Asociación tamén organiza anualmente os New Zealand Music Awards, que se celebraron por primeira vez en 1965 baixo o nome de Loxene Golden Disc.[36]

A pesar da vitalidade das bandas neozelandesa na escena pub, durante moitos anos a radio comercial mostrouse remisa a emitir música local e contra o ano 1995 tan só o 1.6% de todas as cancións que soaban nas emisoras de radio comercial eran neozelandesas.[37] A música neozelandesa foi, no entanto, emitida frecuentemente en emisoras de radio estudantís, que chegaron a estar presentes na maior parte das universidades do país nos anos 1980. En 1997 creouse o Kiwi Music Action Group para obrigar ás emisoras de radio a difundir a música de Nova Zelandia. O grupo iniciou a New Zealand Music Week en 2000 medrou ata o New Zealand Music Month. Contra o ano 2005 o contido de música neozelandesa promediou entre un 19 e un 20%.[38]

Rock, alternativa, e indie

Kiwi rock é un termo empregado informalmente para describir á música rock é á cultura que a rodea en Nova Zelandia.

O primeiro hit de rock'n'roll dun neozelandés foi Lawdy Miss Clawdy de Johnny Devlin, que vendeu 100.000 copias en 1959-60. O Rock desenvolveuse en Nova Zelandia na década de 1960. Entre as bandas máis destacadas do rock neozelandés cómpre sinalar a The La De Das, Ray Columbus & The Invaders, e The Fourmyula.

A finais dos anos 1970, algunhas bandas de rock de Nova Zelandia estaban a atopar o éxito nacional, incluíndo a Th' Dudes (cuxo guitarrista Dave Dobbyn formou DD Smash na década de 1980), Dragon, Hello Sailor e Split Enz, liderada por Tim Finn, e posteriormente, seu irmán Neil Finn,que pasou a formar Crowded House. A música independente de Nova Zelandia comezou a segunda metade da década de 1970, co desenvolvemento dunha escena local punk.[39]

Na década de 1980 varios selos independentes como Propeller Records en Auckland e Flying Nun Records en Christchurch foron creados e convertéronse nunha influencia no desenvolvemento do rock neozelandés. The Clean, de Dunedin, foi a primeira gran banda que saíu da lista de Flying Nun. As cidades da Illa Sur de Dunedin e Christchurch produciron a maior parte dos artistas da primeira onda de Flying Nun que desenvolveron o Dunedin Sound. A principios da década de 1980 o son jangle-pop distintivo do selo foi creado por bandas como The Chills, The Verlaines, The Dead C, Sneaky Feelings, The Bats e The Jean-Paul Sartre Experience.

A banda de rock Shihad foi creada polo vocalista e guitarrista Jon Toogood e o batería Tom Larkin en 1988. A banda conseguiu acadar popularidade durante a década seguinte tocando unha mestura de rock moderno, post-grunge e pop-rock.

Na década de 1990 creáronse novos selos independentes, e desenvolveuse un son pop alternativo, caracterizado por bandas e artistas como The Brunettes, Goldenhorse, The Phoenix Foundation, e Lawrence Arabia.

Hip hop

A xénese do hip hop neozelandés comezou co auxe da cultura hip hop nos Estados Unidos.

Moitos dos pioneiros dos hip hop de Nova Zelandia, como Dalvanius Prime, cuxo Poi E foi un grande éxito, eran maorís. Poi E non tiña rapeo, pero marcou un cambio dende o reggae e o funk favorecido polos músicos maorís.

O primeiro álbum completo de hip hop de produción local foi o EP de Upper Hutt Posse E Tu, en 1988. E Tu estaba parcialmente en lingua maorí e parcialmente en lingua inglesa, e as súas letras tiñan carga política.

O primeiro gran hit de hip hop en Nova Zelandia foi Hip Hop Holiday de 3 The Hard Way. A mostra da canción Dreadlock Holiday de 10cc, chegou ao número un varias semanas a principios de 1994 e foi tamén un hit en Australia.

Na década de 1990, a escena hip hop neozelandesa medrou coa entrada de músicos doutras illas do Pacífico, creando unha variante estilística local coñecida como Urban Pasifika, un termo cuñado polo produtor Alan Jansson para a colección influente Proud en 1994. Esta compilación, con Sisters Underground e OMC, axudou a preparar a escena para o hip hop neozelandés da seguinte década. Protest aínda estaba presente, mais a énfase das letras e da música evolucionara en gran medida cara a un son máis amigable.

En 2005, Savage, un artista neozelandés-samoano de hip hop, tiña un número un back-to-back con Swing e Moonshine, o último co artista estadounidense Akon. Swing foi empregada no filme de 2007 Knocked Up e vendeu máis de 1,8 millóns de copias nos Estados Unidos, converténdose en dobre platino. A canción tamén apareceu na compilación estadounidense Now That's What I Call Music! 29.

Roots, reggae, e dub

Formado en 1979, Herbs son un grupo vocal neozelandés de reggae, e o 11º en ingresar no New Zealand Music Hall of Fame. En 1986, a canción Slice of Heaven con Dave Dobbyn chegou ao número un nas listas de Nova Zelandia e Australia. en 1989, Tim Finn uniuse a eles para o festival Parihaka e, en 1992, Annie Crummer lanzou o single See What Love Can Do. Herbs son considerados os pioneiros do reggae no Pacífico, tendo aberto o camiño para grupos de reggae contemporáneos de Nova Zelandia como Breaks Co-op, Fat Freddy's Drop, Katchafire, Kora, The Black Seeds, e Trinity Roots.

Electrónica

Un dos primeiro exemplos de música electrónica é unha pista titulada Pulsing de The Body Electric que foi lanzada en 1982.[40] En 1988 Propeller Records lanzou a primeira gravación House neozelandesa, Jam This Record. Durante os seguintes anos houbo gravacións esporádicas, especialmente os traballos de Joost Langeveld, Angus McNaughton, e DLT. A escena do Future Jazz (o termo foi cuñado por primeira vez en Auckland a principios dos anos 1990) desenvolveuse en Auckland en torno ao club Cause Celebre e a obra de Nathan Haines, con dous lanzamentos iniciais destacados, incluíndo Freebass Live At Cause Celebre e Shift Left de Haines.

A finais da década de 1990 un grupo de selos independentes comezaron a publicar música electrónica, incluíndo Kog Transmissions de Chris Chetland, Nurture Records de Simon Flower, Loop Recordings, e, especialmente, Reliable Records de Joost Langeveld.

A finais da década e durante os anos 2000 ata hoxe, co xurdimento do Drum 'n' Bass e Breaks, artistas como Concord Dawn, State of Mind, Antiform, Timmy Schumacher, Minuit, Bulletproof e Shapeshifter realizaron lanzamentos mundiais e son destacados artistas/bandas nos escenarios de concertos e festivais de Nova Zelandia.

Blues

A historia do blues en Nova Zelandia data dos anos 1960. As primeiras influencias do blues neozelandés foron a través de músicos brancos británicos como The Animals e The Rolling Stones, e posteriormente por grupos con tinguiduras de blues como Led Zeppelin. O primeiro artista de blues americano que causou un grande impacto en Nova Zelandia foi Stevie Ray Vaughan a principios dos anos 1980. Outros xéneros relacionados co blues como o soul ou o gospel case pasaron por alto para o público de Nova Zelandia, a excepción dalgúns artistas como Ray Charles. Se ben Nova Zelandia non ten o seu propio estilo de blues, si ten algúns músicos de blues destacados.

Heavy metal

Nova Zelandia ten algunhas bandas de heavy metal ben coñecidas como Blindspott, 8 Foot Sativa, e The Datsuns.

Darkwave, gothic, e industrial

Nova Zelandia ten mantido unha pequena escena de dark music que se remonta ás décadas de 1970 e 1980. Nos últimos anos Creative New Zealand (Consello das Artes de Nova Zelandia) proporcionou financiamento a algúns artistas de darkwave/experimental como Jordan Reyne. A maior parte das bandas e músicos do xénero continúan apoiándose nos vendas por Internet no estranxeiro.

Música folk europea

Brass bands

Grupo de gaitas en Napier.

Nova Zelandia conta cunha longa historia de brass bands, con frecuentes concursos a nivel provincial.[41]

Bandas de gaitas

Dise que Nova Zelandia conta con máis bandas de gaitas por persoa que Escocia;[42] os lazos históricos mantéñense polas Caledonian Societies por todo o país.

Música clásica

As tradicións formais da música clásica tardaron moito tempo en desenvolverse en Nova Zelandia debido ao illamento xeográfico do país. Compositores como Alfred Hill foron educados en Europa e levaron as últimas tradicións música romántica a Nova Zelandia. Tentou inxertalos na tradición temática neozelandesa cun notable éxito, o popular "Waiata Poi". Con todo, antes de 1960 Nova Zelandia non tiña un estilo clásico distintivo de seu, tendo "unha tendencia a criticar os bens de produción nacional".[43]

Douglas Lilburn, traballando sobre todo no terceiro cuarto do século XX, é frecuentemente considerado como o primeiro compositor que compuxo cunha voz verdadeiramente neozelandesa e conseguiu recoñecemento internacional. A Segunda Sonatina para Piano de Lilburn foi descrita como "unha obra que parece inspirarse no mellor do pasado de Lilburn... especialmente adaptado a Nova Zelandia". El foi pioneiro na música electrónica neozelandesa.

En 2004, o compositor de Wellington John Psathas conseguiu a maior audiencia da música composta en Nova Zelandia cando as súas fanfarrias e outras composicións foron escoitadas por miles de millóns de persoas durante as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2004 celebrados en Atenas.

Hai varios postos dispoñibles de compositores residentes os doce meses do ano en Nova Zelandia, en especial coa Auckland Philharmonia Orchestra e a University of Otago (Mozart Fellowship).

Orquestras e música de cámara

A New Zealand Symphony Orchestra é a orquestra nacional de Nova Zelandia, fundada en 1946 polo Ministerio de Cultura e Patrimonio. A Auckland Philharmonia Orchestra é a segunda orquestra profesional de Nova Zelandia. Tamén hai numerosas orquestras semiprofesionais nas distintas rexións que teñen as súas propias tempadas de concerto cada ano. Entre estas están a Hamilton, a Vector Wellington Orchestra, a Christchurch Symphony Orchestra (CSO) e a Southern Sinfonia de Dunedin.

O New Zealand String Quartet e o NZTrio dan concertos no país e no estranxeiro. O NZTrio está especializado en música contemporánea.

Coros

Nova Zelandia ten unha gran tradición coral.[44] As catedrais anglicanas de Auckland, Wellington e Christchurch contan con coros de alto nivel e tamén hai numerosos coros seculares entre os que destacan New Zealand Youth Choir, Voices New Zealand Chamber Choir, City of Dunedin Choir, Auckland Choral Society e o Christchurch City Choir. Moitos destes coros actúan por toda Nova Zelandia e compiten internacionalmente con outros coros.

Ópera

Nova Zelandia ten producido importantes cantantes de ópera recoñecidos internacionalmente, entre os que destacan Dame Kiri Te Kanawa, Sir Donald McIntyre, Simon O'Neill, Jonathan Lemalu, Teddy Tahu Rhodes, Anna Leese, ou Dame Malvina Major. Frances Alda e Joan Hammond foron tamén coñecidas cantantes de ópera nadas en Nova Zelandia.

A New Zealand Opera, con sede en Auckland é a única compañía de ópera profesional do país, poñendo en escena tres óperas cada ano en Auckland e Wellington, e que conta con solistas internacionais e nacionais.

Solistas

Entre os músicos neozelandeses máis destacados que actúan a nivel internacional destacan os pianistas Michael Houstoun, Jeffrey Grice, John Chen, e a cantante Hayley Westenra.

Musical

O musical máis coñecido escrito por un neozelandés é The Rocky Horror Picture Show, con música, letra e texto de Richard O'Brien, e estreado en escena en Londres en 1973.[45]

Notas

  1. 1,0 1,1 Swarbrick, Nancy (Xuño de 2010). Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand, ed. "Creative life – Music". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  2. Southgate, William (Setembro de 1977). "Current Developments in New Zealand music". Composers Association of New Zealand newsletter: 25–27. 
  3. "Lorde's 'Royals' Reigns On Hot 100 for Eighth Week". 
  4. McLintock, Alexander, ed. (abril de 2009) [originally published in 1966]. Music: General History. from An Encyclopaedia of New Zealand (Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  5. McLintock, Alexander, ed. (abril de 2009) [originally published in 1966]. Music: Brass Bands. from An Encyclopaedia of New Zealand (Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  6. McLintock, Alexander, ed. (Abril de 2009) [orixinalmente publicado en 1966]. Music: Pipe Bands. from An Encyclopaedia of New Zealand (Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  7. "Story: Lilburn, Douglas Gordon". 
  8. "John Psathas composer profile". 
  9. "Jack Body composer profile". 
  10. "Gillian Whitehead composer profile". 
  11. "Jenny McLeod composer profile". 
  12. > "Gareth Farr composer profile". 
  13. > "Ross Harris composer profile". 
  14. > "Martin Lodge composer profile". 
  15. McLintock, Alexander, ed. (abril de 2009) [originally published in 1966]. Maori Music. from An Encyclopaedia of New Zealand (Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  16. McLintock, Alexander, ed. (abril de 2009) [originally published in 1966]. Musical Instruments. from An Encyclopaedia of New Zealand (Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand). Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  17. "Te Papa: National Museum of New Zealand: Online Resources - Taonga Puoro". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  18. Linkels, Ad (2000). "The real music of paradise". In Broughton, S., & Ellingham, M. (eds.), World music, vol. 2: Latin & North America, Caribbean, India, Asia and Pacific, pp 218–229. Rough Guides Ltd, Penguin Books. ISBN 1-85828-636-0.
  19. New Zealand in Brief, Story: Creative life Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine.
  20. Swarbrick, Nancy (June 2010). "Creative life – Performing arts". Te Ara – the Encyclopedia of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2011. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  21. http://folksong.org.nz/bluesmoke/index.html
  22. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  23. Kiwi music shows on TV - Timeline
  24. "Sandy Edmonds - groovy baby!". 
  25. Kent, David (1993). Australian Chart Book 1970–1992. St Ives, New South Wales: Australian Chart Book Ltd. ISBN 0-646-11917-6.  (NOTA: Empregada para os Singles Australianos e listas de álbums dende 1974 ata que a ARIA creou a súa propia lista a mediados de 1988. En 1992, Kent volveu calcular as posicións entre 1970 e 1974)
  26. "Discography Crowded House" australiancharts.com
  27. "Discography Crowded House" Arquivado 23 de outubro de 2012 en Wayback Machine. charts.org.nz
  28. "Crowded House > Charts & Awards > Billboard Singles" Allmusic
  29. "Crowded House > Charts & Awards > Billboard Albums" Allmusic
  30. Bourke (1997)
  31. https://archive.today/20120530091438/http://www.chartstats.com/artistinfo.php?id=4856 "Artists > Crowded House"] Chart Stats
  32. Hunkin, Joanna (3 May 2007). "Finn 'sick' of PM grabbing music glory". The New Zealand Herald. Consultado o 26 September 2011. 
  33. 33,0 33,1 "How bizarre (Ministry for Culture and Heritage)". 30 Aug 2012. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  34. "My Secret Life: Gotye, 32, singer-songwriter". The Independent.
  35. "About RIANZ – Introduction". Recording Industry Association of New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2014. 
  36. "History – celebrating our music since 1965". Recording Industry Association of New Zealand. 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2014. 
  37. New Zealand history online
  38. " "Brendan Smyth, Music Manager at NZ On Air, on New Zealand Music Month"". [Ligazón morta]
  39. Churton, Wade Ronald (1999, 2001). Have You Checked The Children? Punk and Postpunk Music in New Zealand, 1977–1981 Christchurch, New Zealand: Put Your Foot Down Publishing. ISBN 0-473-06196-1
  40. "Pulsing by Body Electric". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2014. 
  41. "Brass Bands". 
  42. "Piping up a storm Down Under", Marzo de 2000, BBC
  43. Sell, David (Spring 1962). "The Composer in New Zealand". Composer (9): 21. 
  44. > "Choral Societies". 
  45. How we made: The Rocky Horror Picture Show

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • SOUNZ – Centre for New Zealand Music.
  • RIANZ – New Zealand's official weekly singles and albums chart.
  • CMNZ – Chamber Music New Zealand
  • New Zealand Choirs - New Zealand Festival Singers
  • NZCF - New Zealand Choral Federation