The Rocky Horror Picture Show

The Rocky Horror Picture Show
Ficha técnica
Título orixinalThe Rocky Horror Picture Show
DirectorJim Sharman
Produtor
Guión
Baseado enThe Rocky Horror Show de Richard O'Brien
Intérpretes
Música
FotografíaPeter Suschitzky
MontaxeGraeme Clifford
EstudioMichael White Productions
Distribuidora20th Century Fox
Estrea 14 de agosto de 1975
Duración100 minutos[1][2]
OrixeReino Unido Reino Unido[3]
Estados Unidos de América Estados Unidos[3]
XéneroComedia musical
Orzamento1,4 millóns de dólares[4]
Recadación140,2 millóns de dólares[5]
Filme seguinteShock Treatment (1981)
Na rede
http://www.rockyhorror.com/
IMDB: tt0073629 Filmaffinity: 782908 Allocine: 313 Rottentomatoes: m/rocky_horror_picture_show Mojo: rockyhorrorpictureshow Allmovie: v41864 TCM: 88529 Metacritic: movie/the-rocky-horror-picture-show TV.com: movies/the-rocky-horror-picture-show BNE: XX5224590 Netlix: 60000448 Editar o valor en Wikidata

The Rocky Horror Picture Show é unha comedia musical de 1975 dirixida por Jim Sharman que parodia os filmes de terror e ciencia ficción. Cun guión de Richard O'Brien e Sharman, está protagonizada por Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick. Baséase na montaxe musical británica The Rocky Horror Show.

O filme está considerada un clásico de culto e de sesión de noite, pero é coñecida mundialmente por amplas audiencias, e ten un gran seguimento. RHPS foi o primeiro filme dun estudio maior (20th Century-Fox) no mercado da sesión de noite.[6] Aínda que o filme é moi popular, os críticos falan da falta de liña argumental, o estilo animado e a natureza demasiado sexual do filme como algúns dos seus maiores erros. Porén, é un dos filme de sesión de noite máis coñecidas e rentabilizadas.[7] É a adaptación teatral máis proxectada na historia do cine.[8] Máis de 30 anos despois segue a ser proxectada en salas de todo o mundo. En decembro de 2005 James H. Billington, o bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, seleccionou The Rocky Horror Picture Show para ser preservada no "National Film Registry", unha colección de só 450 filmes (en 2006).[9]

Sinopse

A historia, narrada por un criminólogo (Charles Gray), é a dunha parella nova recentemente comprometida, Brad Majors (Barry Bostwick) e Janet Weiss (Susan Sarandon), que se atopan perdidos nunha tardiña de novembro fría e chuvosa. Buscando un teléfono desde o que chamar para pedir axuda, atopan acubillo nun castelo achegado habitado por xente estraña e estranxeira reunida na Convención Anual de Transilvania. Asisten, aínda mollados pola choiva, ó baile dos transilvanos de Time Warp, a canción principal do filme.

Axiña son arrastrados ó mundo do Dr. Frank-N-Furter (Tim Curry), un autoproclamado "dulce travesti da Transilvania transexual", e os seus servintes, os irmáns Riff Raff (Richard O'Brien) e Magenta (Patricia Quinn), así como a groupie Columbia (Nell Campbell) e un grupo de asistentes á convención.

A intención de Furter é revelar o "segredo da vida en si mesma". Nunha escena inspirada nos filmes de Frankenstein, "Rocky Horror" (Peter Hinwood) é traído á vida. Logo da persecución de Frank tralo desorientado Rocky, a festa é interrompida por Eddie (Meat Loaf), o antigo rapaz dos recados, que aparece dun conxelador montando unha motocicleta. A escena remata coa súa morte sanguenta a mans de Furter.

Brad e Janet son levados a habitacións separadas, onde o anfitrión lles dá cadansúa propia benvida. Janet, logo da emoción, deambula buscando a Brad. Descobre a Rocky encollido no seu tanque de nacemento, asustado de Riff Raff, que atormentou á criatura como Igor atormenara ó monstro de Frankenstein. Janet, logo de descubrir a infidelidade de Brad, elixe tomar proveito da situación con Rocky.

Logo de descubrir que a "Criatura" está desaparecida, Frank, Brad, e Riff Raff volven ó laboratorio onde descobren que un intruso entrou no edificio O Doutor Everett Scott (Jonathan Adams), antigo profesor de ciencias de Brad e Janet no instituto, chega buscando ó seu sobriño Eddie. É neste punto cando Rocky e Janet son descubertos agochados xuntos. Nunha escena engadida especificamente á versión cinematográfica, os novos invitados son levados a unha cea consistente nos restos de Eddie. Logo de descubriren o que cearon, o horror e o desgusto levan a Janet a saír correndo e berrando da sala.

Frank captúraos a todos, converténdoos temporalmente en estatuas e facéndoos participar nunha sorte de cabaret. A actuación é interrompida por Riff Raff e Magenta, que matan a Columbia, Frank, e Rocky. Resucitan as estatuas de Brad, Janet, e o Dr. Scott, e o castelo desaparece no espazo exterior para regresar ó planeta de Transsexual, na galaxia de Transylvania.

Personaxes

Produción

Está baseada na produción teatral de Londres "The Rocky Horror Show", de Richard O'Brien, se ben ten certas diferenzas respecto á concepción teatral orixinal.

Notas

  1. British Board of Film Classification, ed. (17 de xuño de 1975). "ROCKY HORROR PICTURE SHOW (AA)". Consultado o 18 de abril de 2015. 
  2. Armstrong, Richard (7 de novembro de 2007). The Rough Guide to Film. Rough Guides. p. 506. ISBN 978-1-4053-8498-8. 
  3. 3,0 3,1 "The Rocky Horror Picture Show". American Film Institute. Consultado o 11 de decembro de 2015. 
  4. Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Scarecrow Press. p. 258. 
  5. Box Office Information for The Rocky Horror Picture Show. Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine. The Numbers. Consultado o 25 de agosto de 2013.
  6. Samuels, Stuart (1983). Midnight Movies. Collier Books. pp. 11. ISBN 0-02-081450-X. 
  7. "Cult Films MIDNIGHT MOVIES". www.filmreference.com. Consultado o 2007-08-03. 
  8. "Fox Celebrates 25 Years of Absolute Pleasure, Pop Culture Phenomenon and Midnight Classic" (Nota de prensa). RHPS Official Fan Site. 2000-08-24. Consultado o 2007-08-03. 
  9. "Saving Rocky Horror and other classics". New Directions in Folklore 3. Consultado o 2007-06-16. 

Véxase tamén

Ligazóns externas