Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: House.
O house é un xénero de música electrónica no marco do dance aparecido a mediados da década de 1980 na cidade estadounidense de Chicago, a mans do músico, produtor e discjockeyFrankie Knuckles. A orixe do nome do xénero procede da discotecaThe Warehouse na que Knuckles exercía como D.J. residente.
O house naceu coma unha fusión de electro, funk, soul e música disco, fortemente influenciado por conxuntos vangardistas da época coma Kraftwerk e outras correntes electrónicas procedentes de Europa.