Mércores[1] (en inglés: Wednesday) é unha serie de televisión estadounidense de comedia, terror e misterio baseada no personaxe de Wednesday Addams de The Addams Family. Foi creada por Alfred Gough e Miles Millar, e está protagonizada por Jenna Ortega, xunto con Catherine Zeta-Jones, Luis Guzmán, Isaac Ordonez, Gwendoline Christie, Riki Lindhome, Jamie McShane, Fred Armisen e Christina Ricci. Catro dos oito episodios foron dirixidos por Tim Burton, quen tamén é produtor executivo. A historia xira ao redor do personaxe titular, que tenta resolver un misterio na súa escola.
Wednesday estreouse 23 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta con opción subtitulada ao galego.[2] A serie foi ben recibida pola crítica, que eloxiou especialmente a interpretación de Ortega.[3] Ás tres semanas do seu lanzamento, converteuse na segunda serie de Netflix en inglés máis vista. Recibiu dous nomeamentos aos Globos de Ouro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Series de televisión | |
---|
Vídeos musicais | |
---|
| |
---|
Produtor | |
---|
Libros | |
---|
Series de televisión | |
---|