Viaxeiro incansábel, chegaría a residir en Roma en tempos de Cómodo. Contribuíu deste xeito a divulgar o platonismo.
Establece con especial énfase, dun modo similar a Celso, a transcendencia absoluta de Deus e o divino, así como a referencia do mal á materia, non admitindo que o corpóreo sexa obra da divindade.
Para salvar a equidistancia entre ambos os extremos, Deus e home, chegará a admitir a existencia de deuses inferiores ou anxos e demos, seres intermedios e intermediarios entre o humano e o divino.
Máximo fala da visión do Deus transcendente:
Só poderás velo de todo cando El te chame pola lonxevidade ou a morte; pero entre tanto poden lograrse algúns vislumbres da Beleza que nin ollo viu nin lingua ningunha é quen de describir, sempre que se corran un pouco os veos que ocultan o seu esplendor. Mais non o profanes dirixíndolle vas pregarias para lle pedir cousas terreais que pertencen ao mundo do azar ou que poden obterse mediante o esforzo humano, cousas que o xusto non ten por que pedilas e o inxusto non merece obtelas. A única pregaria que acha resposta é a que pide bondade, paz e esperanza na hora da morte.
Máximo de Tiro, Disertacións, 17, 11; 11, 2 e 7.[1]
Con referencia a Deus, os anxos son os seus ministros e auxiliares respecto ao home:
tres veces dez mil é o seu número sobre a fecunda terra, inmortais, ministros de Zeus.
Consérvanse corenta e uns discursos ou disertacións. Do mesmo xeito que os retóricos, emprega múltiples lugares comúns
Notas
↑ 1,01,1Copleston, Frederick (2004). Historia de la filosofía. Tomo 1/I. Grecia y Roma. La filosofía postaristotélica. El platonismo medio. Barcelona: Editorial Ariel. p. 389. ISBN 978-84-344-8770-3.
Véxase tamén
Bibliografía
Máximo de Tiro. Disertaciones filosóficas, I-XLI. Traducción a cargo de Juan Luis López Cruces y Francisco Javier Campos Daroca. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2747-9.