O municipio de Valka (en letón, Valkas novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou a cidade de Valka e cinco parroquias do antigo municipio de Valka: parroquia de Ārħemes, parroquia de Kārķu, parroquia de Valka, parroquia de Vijciema e a parroquia de Zvārtavas. Limita co municipio de Valmiera ao oeste, co municipio de Smiltene polo sur e co condado de Valga polo leste. O centro do condado está na propia cidade de Valka.[1].
O municipio forma parte da nación histórica, recoñecida pola Constitución letoa, de Vidzeme.
Historia
Na antigüidade, as tribos bálticas e ugro-finlandesas convivían nas terras de Valka, no século XII e principios do século XIII, a maior parte do territorio estaba suxeito a Tālava, reino latgalián fundado no século X, a parte noroeste probablemente pertencía ao estoniano Condado de Sakala.
Despois da división de Livonia conquistada polos cruzados, case toda a rexión pasou baixo o control da Orde de Livonia, unha pequena parte no sueste foi entregada ao arcebispado de Riga.
Como resultado da guerra de Livonia, o condado quedou baixo o control da Mancomunidade de Polonia e Lituania
como parte do ducado de Livonia de Pardaugava. Despois dunha longa guerra en 1629, Suecia confirmou os seus dereitos sobre Vidzeme que conquistara cun tratado de paz.
Despois da Gran Guerra do Norte en 1721, o condado quedou baixo o control do Imperio Ruso e foi incluído no distrito de Valka da gobernación de Vidzeme.
Irmandades
A cidade de Valka está oficialmente irmandada á vila pontevedresa de Valga, a que enviou ao seu alcalde José María Bello Maneiro, á concelleira Carmen Gómez e ao técnico municipal Santiago Chenlo ás celebracións do 440 aniversario da cidade, e polo mimetismo coa cidade estoniana de Valga.[2].