Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Valga (homónimos).
Valga (en alemán Walk) é un concello urbano estoniano, capital do condado de Valga no sur de Estonia. Ocupa unha área de 16,5 km² na fronteira sur con Letonia. Tallinn, a capital do país está 245 km da cidade. Segundo estimacións para 2007 posúe unha poboación de 13 862 habitantes. Valga e a cidade de Valka no norte da Letonia foron unha única cidade, até a súa separación en 1920.