Antes da cuñaxe e do uso de moedas, a economíaviquinga utilizaba eminentemente pezas de metal e lingotes, sen un valor predeterminado, senón que este estaba en función do seu peso e do valor do metal concreto.[2][3]
No século IX as incursiónsviquingas puxeron en contacto este pobo con outras culturas europeas que estaban familiarizadas co uso da moeda nas súas economías, feito este que influíu no inicio da propia produción de moedas por parte dos viquingos.[3]
Dentro da propia Escandinavia, os viquingos coñecían xa as moedas propias dalgunhas rexións próximas, e mesmo chegaron a ter contacto con emisións de pobos árabes que chegaron a Escandinavia a través do comercio, que tamén supuxeron unha influencia para o desenvolvemento das posteriores cuñaxes viquingas.[3]
Os reinos gobernados polos dinamarqueses nas Illas Británicas, coñecidos como Danelaw, comezaron a producir as súas moedas, con alusións aos seus soberanos e diversas imaxes cristiás. E dentro de Escandinavia, as emisións dos daneses, dos suecos e dos noruegueses tiveron as súas particularidades, sinaladamente pola alusión aos seus respectivos gobernantes, e a habituación ao seu uso seguiu ritmos diferentes en cada rexión.[3]
Os achados de numerosos tesouros de moedas de prata tanto nas Illas Británicas como en Escandinavia proporcionou información acerca da diversidade de tipos e deseños das moedas a nome de cada gobernante, e tamén sobre a influencia de culturas e tradicións monetarias externas. Entre estes achados cómpre salientar algúns producidos no Reino Unido, como o de Cuerdale (consistente en arredor de 7.000 moedas, case todas depositadas no Museo Británico) e o de Silverdale, ambos no condadoinglés de Lancashire.[4][5] Ademais destes, os achados producidos en Dinamarca e Suecia amosan unha gran proporción de moedas árabes e fragmentos de diversos obxectos de prata, así como xoias e brazaletes.[6][7]
Antecedentes: a economía dos metais preciosos
Nos comezos da era viquinga, as transaccións económicas realizábanse fundamentalmente con metais preciosos, en diversas manifestacións, cun valor que viña determinado polo seu peso.[3] Algúns autores suxiren que as moedas escandinavas comezaron a desenvolverse na cidade de Ribe cara a principios do século VIII, con probas de sceattas danesas das que aínda non se acharon evidencias da súa ceca de proveniencia.[8]
Nesta economía baseada no metal precioso, a prata era o metal utilizado no comercio con maior frecuencia. Os fragmentos de obxectos de prata pesábanse con pesas de chumbo e posteriormente fundíanse para lles dar outras formas, como brazaletes e outras xoias. Estas balanzas, que portaban os comerciantes, permitían determinar con gran precisión o peso do metal, o que facilitaba o intercambio de produtos no comercio nesta etapa premonetaria. Ademais de utilizarse como medio de pagamento, os metais preciosos convertéronse tamén nun símbolo de poder e riqueza na sociedade viquinga.[9]
Cara ao século IX, diversas incursións levaron o pobo viquingo a tomar contacto con varias cidades e pobos lindeiros co mar do Norte e co mar de Irlanda. Logo destas incursións en nacións estranxeiras, os viquingos foron coñecendo e asumindo novas formas de exercicio das relacións económicas e comerciais. Como resultado, o uso da prata como medio de pagamento fíxose aínda máis influente.[10] Os diferentes reinos anglosaxóns xa estaban afeitos ao uso da moeda, que comezaron a utilizar adoito para o pagamento aos viquingos como vía para evitar as súas incursións, aínda que non sempre con éxito.[3] Ademais da influencia das moedas anglosaxoas, arredor do 35 % das moedas que entraban en Escandinavia eran de orixe oriental, o que dá mostra da ampla influencia de culturas alleas aos viquingos no desenvolvemento das súas posteriores cuñaxes de moeda propia.[11]
Emisións en Escandinavia
Dinamarca
Moeda viquinga de Dinamarca
ZVEN REX AD DENER ("Sven, Rei dos Dinamarqueses"); busto do monarca.
GOD-WINE M-AN D-NER ("Godwine, moedeiro dos dinamarqueses").
Moeda a nome de Svend I (Sweyn Tveskæg), rei de Dinamarca (986-1014), cuñada en 995.[12]
As primeiras moedas dinamarquesas coñecidas da época viquinga foron cuñadas a nome de Svend I (Sweyn Tveskæg), rei de Dinamarca (986-1014) cara ao ano 995.[3][13] Estas moedas amosaban diversas inscricións, que sempre incluían o nome do monarca nos anversos e que tamén aludían á autoridade responsable da emisión, nos reversos (por exemplo: GODWINE M-AN DNER: "Godwine, moedeiro dos dinamarqueses").[14]
Durante os séculos seguintes mantívose a emisión destas moedas, todas elas de prata e cun valor que viña determinado polo seu peso.[13] Proceden dunha ou de varias cecas de localización indeterminada e hoxe hai poucos exemplares coñecidos.[15]
Svend I de Dinamarca e Olavo I (Olaf Tryggvasson) rei de Noruega (995-1000) comandaran previamente os exércitos invasores viquingos nas Illas Británicas, o que conduciu ao establecemento do imposto coñecido como Danegeld, que o rei inglésEtelredo II (978-1013 e 1014-1016) lle tiña que pagar ao dinamarqués. As moedas inglesas utilizadas para este pagamento convertéronse nun dos primeiros padróns para as emisións de Dinamarca.[15] Esta influencia manifestouse en dous modelos monetarios: por unha banda os peniques feitos a imitación dos ingleses e moi similares aos cuñados en Inglaterra, mesmo reproducindo o busto e o nome do rei inglés, pero producidos en Dinamarca; e por outra banda os que, sendo tamén imitación dos ingleses, amosan unhas lendas e uns motivos xa máis vinculados con Dinamarca.[16]
Durante o reinado de Svend II (Svend Estridsen), rei de Dinamarca (1047-1076), foi frecuente que as moedas dinamarquesas imitasen os modelos da moeda bizantina, sinaladamente cara á derradeira parte do seu reinado, e os peniques amosaban lendas con caracteres rúnicos dinamarqueses. Máis tarde, baixo o reinado de Harald III (Harald Hen), rei de Dinamarca (1074-1080), o reino pasou a ter xa unha moeda propiamente nacional.[15]
A implantación da moeda en Dinamarca tivo uns inicios consistentes e foi consolidándose baixo o goberno de Canuto II, rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (1017-1035) e de Noruega (1029-1035).[3] Durante este período, na década de 1020, produciuse unha reorganización do sistema monetario e as moedas foron cuñadas principalmente en Lund, aínda que tamén había cecas noutras cidades, como Ribe, Hedeby e Aalborg.[13]
Noruega
Moeda viquinga de Noruega
+ ARALD REX NAR(vegiae); busto coroado do monarca.
+ OÐNKAR ON OÐS(vi)
Moeda a nome de Harald III, rei de Noruega (1047-1066).[17]
Do mesmo xeito que noutros lugares da Escandinavia viquinga, en Noruega introducíronse moedas procedentes de diversos lugares do mundo, como consecuencia da expansión do comercio. Nos territorios viquingos producíronse uns 150 achados monetarios, con arredor de 400 moedas de procedencia árabe, unhas 3.300 da propia Noruega e un número similar de moeda inglesa.[18]
Algunhas das primeiras moedas cuñadas en Noruega correspóndense coa década de 990 e portan nos anversos a imaxe de Olavo I (Olaf Tryggvasson) rei de Noruega (995-1000).[15] Considérase probable que a cuñaxe local de moeda continuase en Noruega, o que se apoia nos diversos achados monetarios atopados. Baixo o goberno de Harald III (Harald Hardrada), rei de Noruega (1046-1066) que coñecera e manexara a moeda bizantina por mor dos seus servizos co emperador bizantino, estableceuse xa unha moeda nacional.[18]
Xeralmente, os peniques emitíanse en prata cun peso de 0,89 gramos.[15] Inicialmente estas moedas cuñábanse cunha grande proporción de prata, mais a presenza deste metal na aliaxe foi diminuíndo progresivamente, en favor do cobre, sinaladamente no período de Olavo II (Olavo Haraldsson), rei de Noruega (1015-1028). É probable que a principal ceca do reino neste período estivese situada en torno á zona costeira de Nidaros.[15]
A introdución da moeda en Noruega foi lenta nos seus inicios, mais conseguiu a súa época de expansión durante o reinado de Harald III (1046-1066).[3]
Suecia
Moeda viquinga de Suecia
OLVF REX ZBEVOX; busto drapeado do monarca.
+ GODPINE MO ZIHT; dobre cruz curta con letras nos cuadrantes.
Penique de prata a nome de Olaf Skötkonung, rei de Suecia (ca.995-1012), cuñada en Sigtuna ca. 995-1005.[19][20]
A chegada de moedas de orixe estranxeira a Suecia comezou cara ao ano 800 e continuou aproximadamente ata 1150, cando comezou a facerse máis común a cuñaxe local de moeda. Foi habitual a entrada de dirhams do mundo musulmán a través de Rusia, aínda que tamén chegaron a Suecia a través de Alemaña, de Inglaterra e doutros lugares.[21]
A emisión de moeda autóctona comezou na Suecia viquinga arredor de 990, baixo o goberno do rei Olaf Skötkonung (ca. 954-1022), cando se emitiron moedas co seu busto e lendas alusivas a el a aos seus títulos.[3] As cuñaxes reais tiveron lugar principalmente arredor da cidade de Sigtuna e estaban baseadas no sistema monetario inglés.[16] É probable que as emisións se producisen tamén baixo o reinado de Canuto o Grande. O rei Anund Jacob (1022-1050) continuou a cuñaxe de moeda en Sigtuna, aínda que esta cesou cara á fin do seu reinado. [22]
En xeral, a moeda sueca viquinga tiña uns trazos primitivos, en comparación con outras emisións da súa época, e eran frecuentes as alteracións do seu peso e as lendas carentes de sentido ou incomprensibles. Estas moedas puideron ter sido usadas como medio de pagamento exclusivamente para os soldados, no canto de utilizarse adoito nas transaccións comerciais domésticas.[16][21] A imaxinaría cristiá, sobre todo a cruz, era moi recorrente, sinaladamente nas primeiras emisións, e con frecuencia se incluían entre as súas lendas expresións como IN NOMINE DOMINI ("No nome do Señor").[23]
As cuñaxes en Sigtuna finalizaron cara a 1030.[15]
Danelaw, unha rexión situada no actual Reino Unido que estivo baixo o dominio dos viquingos dinamarqueses desde aproximadamente o século IX ata o século XI, comezou a utilizar moeda baixo influencia dinamarquesa. Nos primeiros momentos tratábase de moedas feitas a imitación das dos territorios próximos.[3] Entre estas moedas de imitación, eran poucas as que reproducían imaxes ou lendas relativas aos reis viquingos e era moi frecuente que se referisen nas súas lendas a Alfredo o Grande, rei dos saxóns occidentais (871-ca.886) e dos anglosaxóns (ca. 886-899). Estas moedas tiñan un estándar de peso de aproximadamente 1,6 gramos e mantivéronse ata as décadas de 870 e de 880, xa amosando algúns sinais do dominio escandinavo.[25]
A mediados da década de 890 produciuse un pulo na introdución e no desenvolvemento das cuñaxes autóctonas nos reinos principais do Danelaw. York produciu as súas propias moedas reais a nome de Sigfred (ca. 770-ca. 798/804) e, xa posteriormente de Canuto o Grande (1017-1035), en tanto que no Reino de Anglia Oriental alternaron as cuñaxes de San Eadmund (854-870) coas de Alfredo o Grande (871-899).[26] As moedas de San Aedmund adoitaban amosar simboloxía cristiá.[26] As primeiras cuñaxes dos viquingos no reino de York producíronse a nome de Guthred, caudillo de Northumbria finado en 895. Conforme os espécimes coñecidos, son de tipo anglosaxón, co nome do mandatario, unha cruz e o nome do moedeiro. Tanto as cuñaxes de Sigfred como as de Canuto baséanse tamén na imaxinaría cristiá e rexia, e amosan influencias da moeda bizantina.[27]
A imaxinaría cristiá, tan común nas emisións monetarias de Danelaw, ía acompañada por inscricións como DOMINUS DEUS REX ("Señor Deus e Rei") e estaba caracterizada particularmente pola cruz cristiá. Paralelamente tamén eran notables as influencias escandinavas, con imaxes como o martelo do deus nórdicoThor e outras referencias. As lendas das moedas do rei Olaf demostran tamén a influencia escandinava.[3] Moitas das moedas viquingas que amosan imaxes de Thor e de Odín están acompañadas tamén por simboloxía cristiá. Nas moedas de Olaf Guthfrithsson (finado en 941) dáse unha maior presenza da simboloxía nórdica.[27]
Achados monetarios
Moitos dos tesouros de moedas viquingas achados datan dos séculos IX a XI e sitúanse nas Illas Británicas. Os fondos destes achados atópanse comunmente en institucións museolóxicas como o Museo Británico e consisten particularmente en moedas de prata e outros obxectos.[6]
Entre os tesouros de prata achados en Dinamarca cómpre salientar o producido en Terslev, que conta con 1.751 moedas das que 1.708 son de orixe árabe. A moeda deste tesouro cunha data máis tardía corresponde ao ano 944. Tanto neste como noutros achados en Dinamarca aparecen tamén abundantes xoias e outros obxectos como colgantes, correas, pulseiras, doas e fragmentos de prata. Outros achados dinamarqueses de importancia son os de Duesminde e Vedsted, cuxos fondos se conservan na Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca, no Museo Nacional de Dinamarca. Existen tamén algúns achados con obxectos de ouro, como o de Hornelund, que tamén se albergan no Museo Nacional de Dinamarca.[6]
En Suecia, dous terzos dos achados proceden de Gotland e conteñen 259.524 moedas da época viquinga en toda Suecia.[21] Ademais destes de Gotland, houbo outros achados importantes na illabáltica de Öland. Os tesouros de moedas dos séculos VIII e IX atopados aquí adoitan estar compostos por moedas árabes na súa maioría. Os achados de moedas do século XI redúcense en número, e adoitan ter unha maior proporción de moedas da Europa Occidental.[7]
No Reino Unido, o tesouro de Ashdon, con pezas datadas cara a 895, inclúe entre os seus obxectos 71 peniques de prata, a maioría dos cales amosan o busto de Alfredo o Grande, en tanto que outras reproducen o de Guthrum e outras son de atribución incerta. Catro das moedas procedentes deste achado pertencen ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e o resto ao Museo Fitzwilliam e ao Saffron Walden Museum, en Essex.[29]
Un dos maiores tesouros de prata viquinga achados ata o momento é o de Cuerdale, en Lancashire, composto por arredor de 8.600 obxectos cun peso total de preto de 40 quilos, entre eles abundantes moedas, cuxa tipoloxía fai supor que puido ser soterrado entre 905 e 910. As moedas deste achado aproxímanse aos 7.000 exemplares, principalmente pertencentes ás emisións anglosaxoas e dinamarquesas, aínda que tamén hai outras cuñadas polos francos e polos bizantinos. Ademais das moedas, hai tamén máis de 36 quilogramos de prata en diferentes manifestacións, principalmente como xoias e pequenos fragmentos. A maior parte do tesouro de Cuerdale consérvase no Museo Británico.[4]
O tesouro de Silverdale, tamén en Lancashire, componse de 27 moedas e outras 200 pezas de xoiaría.[30][31] É de sinalar que algunhas destas moedas teñen a lenda DNS (Dominus) REX, que reflicte os ideais cristiáns, aínda que tamén amosan a inscrición AIRDECONUT, que probablemente se trate do nome escandinavo de Canuto Hardeknut, o primoxénito de Canuto o Grande.[32] Este grupo de moedas contén pezas angloviquingas, anglosaxoas, árabes e francas, así como outras de Northumbria, o que dá mostra dos amplos contactos culturais e comerciais dos viquingos e as influencias nas súas cuñaxes.[31]
↑Bolton, T. (2009). The Empire of Cnut the Great: Conquest and the Consolidation of Power in Northern Europe in the Early Eleventh Century. Brill. Páxinas 162 e seguintes. ISBN90-04-16670-X.
↑ 16,016,116,2Alcock, L.; Malmer, B. (1997). “What Does Coinage Tell Us about Scandinavian Society in the Late Viking Age?. En Austin, D. From the Baltic to the Black Sea: Studies in Medieval Archaeology. Routledge. Páxinas 162-164. ISBN 9780415152259
Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Eugoides ulrichi Klasifikasi ilmiah Kerajaan: Animalia Filum: Arthropoda Kelas: Insecta Ordo: Coleoptera Famili: Cerambycidae Genus: Eugoides Spesies: Eugoides ulrichi Eugoides ulrichi adalah spesies kumbang tanduk panjang yang tergolong famili Ceramby...
Dear DosenkuGenre Drama Roman SkenarioAnnisa FitrianiCeritaSeptiana VilliaSutradaraAnika MaraniPemeran Dinda Kirana Rayn Wijaya Elina Joerg Emeraldy Rafael Amara Sophie Penggubah lagu temaDanurseto Bramana AdhiLagu pembukaAda Untukmu oleh Tyok SatrioLagu penutupAda Untukmu oleh Tyok SatrioPenata musikSamuel PratamaNegara asalIndonesiaBahasa asliBahasa IndonesiaJmlh. musim1Jmlh. episode30ProduksiProduser eksekutif Monika Rudijono Tina Arwin Hendri Suvaco Produser Tia Hendani Wicky V. Ol...
This article is about the area of Edinburgh. For the cricket club of the same name, see The Grange Club. Human settlement in ScotlandThe GrangeVilla in The GrangeThe GrangeLocation within the City of Edinburgh council areaShow map of the City of Edinburgh council areaThe GrangeLocation within ScotlandShow map of ScotlandOS grid referenceNT260716Council areaCity of EdinburghLieutenancy areaEdinburghCountryScotlandSovereign stateUnited KingdomPost townEDINBURGHPostcode&...
Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber: Project Pop – berita · surat kabar · buku · cendekiawan · JSTOR Project PopAsalBandung, IndonesiaGenreHumor pop Hip Hop R&BTahun aktifJuni 1996–sekarangLabelMusica Studio'sRPMHalo EntertainmentAngg...
Election in Kentucky Main article: 2000 United States presidential election 2000 United States presidential election in Kentucky ← 1996 November 7, 2000 2004 → Nominee George W. Bush Al Gore Party Republican Democratic Home state Texas Tennessee Running mate Dick Cheney Joe Lieberman Electoral vote 8 0 Popular vote 872,492 638,898 Percentage 56.50% 41.37% County Results Bush 40-50% 50-60% 60-70% 7...
The Archdiocese of New York covers New York, Bronx, and Richmond Counties in New York City (coterminous with the boroughs of Manhattan, the Bronx, and Staten Island, respectively), as well as Dutchess, Orange, Putnam, Rockland, Sullivan, Ulster, and Westchester counties in New York state. It is home to over 100 charitable organizations, run by many different religious orders, as well as by Catholic Charities of the archdiocese. This list is incomplete; you can help by adding missing items. (...
Israeli company This article contains content that is written like an advertisement. Please help improve it by removing promotional content and inappropriate external links, and by adding encyclopedic content written from a neutral point of view. (November 2019) (Learn how and when to remove this template message) Teva apiCompany typeDivision of Teva Pharmaceutical IndustriesIndustryPharmaceuticalFounded1935HeadquartersPetah Tikva, IsraelProductsPharmaceuticalsNumber of employees5,000 (2013)W...
Roy Kelton Orbison (23 April 1936-6 Desember 1988) merupakan seorang penyanyi dan pencipta lagu berkebangsaan Amerika Serikat. Dia menjadi yang terkenal saat menyanyikan lagu-lagu utamanya seperti Ooby Dooby, Only The Lonely, In Dreams, Oh, Pretty Woman, Crying, Running Scared, dan You Got It. Dia dilahirkan di Vernon, Texas, Amerika Serikat. Berkarier di dunia musik sejak tahun 1956 dan sampai kematiannya pada tahun 1988 akibat serangan jantung yang dideritanya. Roy Orbison Nama dalam bahasa...
Indian actress (born 1947) Raakhee redirects here. For similar uses, see Rakhi. Rakhee GulzarRakhee Gulzar in 2012BornRakhee Majumdar (1947-08-15) 15 August 1947 (age 76)Ranaghat, West Bengal, Dominion of India (present-day Republic of India)OccupationActorYears active1967–2019Spouses Ajay Biswas (m. 1963; div. 1965) Gulzar (m. 1973) ChildrenMeghna GulzarAwards National Film Award for Best Supportin...
Forest in India Nanmangalam Reserve ForestNanmangalam Reserve ForestLocation in Chengalpattu, IndiaLocationChengalpattu District, Tamil Nadu, IndiaNearest cityChennaiCoordinates12°55′37″N 80°10′19″E / 12.927°N 80.172°E / 12.927; 80.172Area3.2 km2 (1.2 sq mi)Governing bodyTamil Nadu Forest Departmentforests.tn.nic.in Nanmangalam Reserve Forest is a protected forest located in Chengalpattu district, about 24 km from the city cent...
Liturgical vestment This article is about the liturgical garment. For the Roman military formation, see Maniple (military unit). A maniple The maniple is a liturgical vestment used primarily within the Latin Rite of the Catholic Church, and occasionally used by some Anglo-Catholic and Lutheran clergy. It is an embroidered band of silk or similar fabric that is hung over the left arm. It is only used within the context of the Mass, and it is of the same liturgical colour as the other Mass vest...
此條目需要补充更多来源。 (2021年7月4日)请协助補充多方面可靠来源以改善这篇条目,无法查证的内容可能會因為异议提出而被移除。致使用者:请搜索一下条目的标题(来源搜索:美国众议院 — 网页、新闻、书籍、学术、图像),以检查网络上是否存在该主题的更多可靠来源(判定指引)。 美國眾議院 United States House of Representatives第118届美国国会众议院徽章 众议院旗...
Printing and binding agency of the U.S. Federal government Government Printing Office redirects here. For other uses, see Government Printing Office (disambiguation). Government Publishing OfficeOfficial sealLogoAgency overviewFormedMarch 4, 1861JurisdictionFederal government of the United StatesHeadquarters732 North Capitol St. NWWashington, D.C.[1]MottoKeeping America Informed[2]Employees1,920[1]Annual budgetUS$126,200,000 (2012); approx. US$135 million (2011)[1&...
Russian poet (1783–1852) Vasily ZhukovskyPortrait by Karl Bryullov, 1837–38BornVasily Andreyevich Zhukovsky9 February 1783Mishenskoe, Belyovsky Uyezd, Tula Governorate, Russian EmpireDied24 April 1852(1852-04-24) (aged 69)Baden-Baden, Grand Duchy of Baden, German ConfederationSpouseElizabeth von ReuternIssueAlexandra ZhukovskayaOccupationPoet This article is part of a series onConservatism in Russia Ideologies Eurasianism Duginism Monarchism Tsarism Populism Putinism Russian national...
Indonesiadalam tahun2012 ← 2010 2011 2012 2013 2014 → Dekade :2010-anAbad :ke-21Milenium :ke-3Lihat juga Sejarah Indonesia Garis waktu sejarah Indonesia Indonesia menurut tahun Bagian dari seri mengenai Sejarah Indonesia Prasejarah Manusia Jawa 1.000.000 BP Manusia Flores 94.000–12.000 BP Bencana alam Toba 75.000 BP Kebudayaan Buni 400 SM Kerajaan Hindu-Buddha Kerajaan Kutai 400–1635 Kerajaan Tarumanagara 450–900 Kerajaan Kalingga 594–782 Kerajaa...
Bulu tangkis pada Pesta Olahraga Asia 2002LokasiGimnasium GangseoBusanTanggal6–14 Oktober 2002Jumlah disiplin7Peserta120 dari 16 negara← 19982006 → Bulu tangkis pada Pesta Olahraga Asia 2002 adalah pelaksanaan cabang olahraga bulu tangkis pada penyelenggaraan Pesta Olahraga Asia 2002. Kompetisi pada cabang olahraga ini berlangsung di Gimnasium Gangseo, Busan. Edisi ini menandingkan 7 nomor. 120 atlet dari 16 negara bertanding dalam edisi ini. Perolehan m...