Misa (música)A misa, un xénero musical sacro, é unha composición coral que traslada á música a seccións fixas da liturxia.[1] A maioría das misas son partes da liturxia en latín, a linguaxe tradicional da Igrexa católica. As misas poden ser a cappella (para voz humana soamente) ou acompañadas por instrumentos musicais, e mesmo incluír unha orquestra completa. Moitas misas, especialmente as máis recentes, nunca foron pensadas para seren interpretadas durante a celebración dunha misa litúrxica. Estrutura da misaPara ser considerada completa, a forma musical debe incluír as seis seccións seguintes, que xuntas constitúen o chamado "ordinario" dunha misa: 1. KyrieO Kyrie é o primeiro movemento do "ordinario":
Este movemento ten adoito unha estrutura que reflicte o conciso e o simétrico do texto. Moitos teñen unha forma ternaria (ABA), onde as dúas aparicións da frase "Kyrie eleison" están asociadas a idéntico tema musical articuladas cunha sección "Christe eleison" contrastante. É moi coñecido o exemplo a da misa do Réquiem de Mozart, onde os textos de "Kyrie" e "Christe" representan os dous elementos dunha dobre fuga. 2. GloriaA Gloria é unha pasaxe celebratoria da gloria de Deus e de Cristo.
Nas misas en inglés, compostas para uso anglicano, a Gloria é comunmente o derradeiro movemento, por mor de que no libro de oracións o texto se trasladou ao final do servizo. Con todo, novas formas de liturxia restauraron a Gloria ao seu lugar tradicional. 3. CredoO texto máis longo da misa é unha adaptación do Credo de Nicea:
O Credo representa un desafío para o compositor debido á súa extensión. Por causa disto, nun servizo o Credo é respondido frecuentemente pola congregación ou incluído nun dos moitos cantos da liturxia. 4. SanctusO Sanctus é unha oración doxolóxica á Trindade;
5. BenedictusO Benedictus é unha continuación do Sanctus:
Hosanna in excelsis repítese usualmente despois do Benedictus, frecuentemente con material musical idéntico ao utilizado no Sanctus, ou moi similar. No canto gregoriano, o Sanctus (con Benedictus) foi cantado só no seu lugar na misa. Con todo, como os compositores produciron fermosos desenvolvementos do texto, a música é adoito tan longa que se superpón á consagración do pan e o viño. Esta era considerada a parte máis importante da misa, así que os compositores comezaron a deter o Sanctus á metade para permitir a consagración, e logo continuaban. Esta práctica foi prohibida por un tempo no século XX. 6. Agnus DeiO Agnus Dei é un arranxo da ladaíña "año de Deus":
Nunha misa de réquiem, as palabras dona nobis pacem son substituídas por dona eis requiem ("dálles o descanso"). Outras secciónsNunha misa litúrxica, hai outras seccións que poden ser cantadas, a miúdo en canto gregoriano. Estas seccións, as "particulares" de misa, cambian co día e coa estación do ano de acordo co calendario eclesiástico ou coas circunstancias especiais da misa. As particulares da misa non son polo xeral incluídas musicalmente na misa musical, pero poden ser obxecto de motetes ou outras composicións. Estas seccións inclúen o introito, o gradual, o aleluia (salvo en Coresma), o ofertorio e a comuñón. As misas ao longo da historiaIdade Media e RenacementoAntes de existiren compositores individuais de misas, a música foi puramente canto gregoriano, que ofrecía moitas opcións musicais para seren cantadas segundo o calendario litúrxico. Atópanse recollidas no Kyriale. Sobreviven varias misas completas de autoría anónima do século XIV, a Misa de Tournai, a Misa de Toulouse, a Misa de Barcelona e a Misa da Sorbona. Con todo, as discrepancias de estilo indican que os movementos destas misas foron escritos por varios compositores e, posteriormente, compiladas por un copista nunha soa obra.[2] A primeira misa composta enteira por un mesmo autor e concibida como un todo foi a Messe de Notre Dame, de Guillaume de Machaut (1300-1377), compositor da Ars Nova, un estilo que sinala a fin da Idade Media e a chegada do Renacemento no plano musical. No Renacemento é salientable a Misa do Papa Marcelo, de Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594). Desde o Barroco ata a actualidadeDespois do Renacemento, a misa tendeu a non ser o xénero principal dun compositor, aínda que algunhas das obras musicais máis famosas do Barroco, período clásico ou romántico, son misas. Na era romántica as misas máis famosas adoitan ser de requiem. No século XX os compositores continuaron compondo misas, mesmo nunha diversidade de estilos, formas e funcións máis ampla. Entre os compositores de música Barroca, as misas máis coñecidas son:
Algunhas destas misas son interpretadas nas catedrais, principalmente no Domingo de Resurrección. Notas
Véxase taménBibliografía
Ligazóns externas
|