Ars nova (en latín "arte nova") é o estilo musical da produción francesa e italiana do século XIV, xurdido despois da Ars antiqua.
O compositor, teórico musical e poeta francés Philippe de Vitry é un dos representantes máis coñecidos deste novo estilo, que se desenvolveu entre os anos 1320 e 1380 con París como epicentro. As obras son coñecidas sobre todo polo Codex Squarcialupi e o compositor italiano Francesco Landini.
Este estilo musical supuxo tanto innovación técnica como unha codificación mais adiantada dos signos musicais.