Meleagro (en grego Μελέαγρος Meléagros) foi un poeta e filósofo cínico[1] natural da cidade de Gadara en Palestina fillo do escritor Éucrates.
Traxectoria
Viviu durante o século -I e floreceu en torno ao ano -60. A Antoloxía grega inclúe 131 epigramas seus.
A Coroa[2] (Στέφανος) de Meleagro foi unha colección de epigramas recollida por Meleagro destinada, por primeira vez, a conservar poemas de diversos autores (46 concretamente) e épocas. Considérase complementarias da Grilanda de Meleagro á antoloxía de Filipo de Tesalónica, a de Dioxeniano de Heraclea, a de Estratón de Sardes (Μοῦσα παιδική
, a de Dióxenes Laercio e máis tarde á antoloxía de Agatías (xa do século VI).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- La Couronne de Méléagre, traduit du grec et présentée par Dominique Buisset, La Différence, París, 1990. (en francés)
- Kathryn Gutzwiller, « The Poetics of Editing in Meleager's Garland », Transactions of the American Philological Association (1974-), vol. 127 (1997), p. 169-200. (en inglés)