Especialmente famosa polas súas obras infantís, entre as que destacan o personaxe/canción Manuelita la tortuga e os libros Tutú Marambá, El reino del revés e Dailan Kifki, foi tamén autora de difundidas cancións populares para adultos, entre elas Como la cigarra, Serenata para la tierra de uno e El valle y el volcán. Outras cancións da súa autoría que integran o cancioneiro popular arxentino son La vaca estudiosa, Canción de Titina, El Reino del Revés, La pájara Pinta, La canción de la vacuna (El brujito de Gulubú), La reina Batata, El twist del Mono Liso, Canción para tomar el té, En el país de Nomeacuerdo, La familia Polillal, Los ejecutivos, Zamba para Pepe, Canción de cuna para un gobernante, Oración a la justicia, Dame la mano y vamos ya etc. Entre os seus álbums destacados están Canciones para mirar (1963) e Juguemos en el mundo (1968).
A coñecida película de animación Manuelita (1999), dirixida por Manuel García Ferré para o público infantil, inspírase no seu famoso personaxe e reúne as súas cancións.