Almario Vernard "Mario" Chalmers, nado o 19 de maio de 1986 en Anchorage (Alasca), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA). Mide 1,88 metros de altura, e xoga na posición de base. Foi campión da NCAA e elixido Mellor xogador da Final Four en 2008, antes de dar o salto á liga profesional.
Universidade
Antes de entrar na universidade, Chalmers estaba considerado coma o mellor base de instituto do ano. Estivo ata o último intre para elixir universidade, dubidando entre Arizona e Kansas, decidíndose por esta última. Comezou a súa tempada de novato no banco, pero pouco a pouco foi facéndose un oco no quinteto titular, aparecendo no mesmo en 21 dos últimos 22 partidos da tempada. Rematou o ano coma segundo máximo anotador do equipo, con 11,5 puntos por partido, e establecendo un récord da Big 12 Conference de maior número de roubos de balón nunha tempada por un freshman, con 89.[1] Foi ademais elixido coma xogador máis destacado do Campionato da Big 12, facendo 16 puntos, 4,3 rebotes e 5,3 asistencias no camiño de Kansas cara ao título de conferencia. Recibiu o Premio Clyde Lovellette da Universidade de Kansas xunto con Julian Wright ao xogador máis mellorado da tempada.[2]
Na súa segunda tempada foi titular en 37 dos 38 partidos disputados polo seu equipo. Volveu amosarse coma un gran xogador defensivo, rachando o récord dos Jayhawks de roubos de balón nunha tempada, con 97. Foi incluído no terceiro mellor equipo da Big 12, e no mellor quinteto defensivo. Fixo 12,2 puntos e 3,3 asistencias por partido.
Na súa tempada júnior fixo 12,8 puntos e 4,3 asistencias, segundo neste apartado da súa conferencia. Chegou xunto co seu equipo á Final da NCAA, na que se enfrontaron á Universidade de Memphis, na cal tivo unha grande actuación, conseguindo 18 puntos, 4 roubos de balón, 3 rebotes e 3 asistencias.[3] Foi ademais o autor dunha tripla a falta de 2,1 segundos do final que empataba o partido e o levaba á prórroga, no cal rematarían impoñéndose os Jayhawks aos Tigers por 75-68.[4] Foi elixido Mellor xogador da Final Four da NCAA. No total da súa traxectoria universitaria fixo 12,2 puntos, 3,8 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[5]
Estatísticas
TEMPADA
|
P
|
MIN
|
PTS
|
REB
|
ASIS
|
PER
|
A/P
|
ROUB
|
2005-2006
|
33
|
26.0
|
11.5
|
2.2
|
3.8
|
2.8
|
1.37
|
2.7
|
2006-2007
|
38
|
29.2
|
12.2
|
3.0
|
3.3
|
2.4
|
1.36
|
2.6
|
2007-2008
|
39
|
30.0
|
12.8
|
3.1
|
4.3
|
1.9
|
2.25
|
2.5
|
NBA
Foi elixido na segunda rolda do Draft da NBA de 2008 polos Minnesota Timberwolves, no posto 34º, pero Miami Heat fíxose cos seus dereitos pagando a cambio aos T-Wolves 2 millóns de dólares e dúas futuras segundas roldas do draft. A primeiros de xullo de 2008 asinou o contrato co club de Florida por dúas tempadas, ampliable a unha terceira.[6]
Tempada 2008-09
Chalmers xogou de inicio os 82 partidos da ligar regular no seu ano coma rookie[7] e rematou a tempada con 10.0 puntos, 4.9 asistencias, 2.8 rebotes e 1.95 roubos de balón en 32.0 minutos de xogo.[8] Os seus 1.95 roubos por partido fixéronlle ser o líder de roubos dos rookies, e o cuarto de entre todos os xogadores.
O 5 de novembro de 2008, Chalmers fixo un récord para os Miami Heat ao conseguir 9 roubos no seu cuarto partido na NBA.[9]
Tempada 2009-10
Chalmers xogou todos os partidos ata o 31 de xaneiro contra os Milwaukee Bucks. Foi o primeiro partido que se perdeu nos seus dous anos de carreira. Fixo 7.1 puntos e 3.4 asistencias por partidos. O 31 de xaneiro de 2010, Chalmers lesionouse un ligamento no dedo polgar do pé.[10] Chalmers volveu ao equipo semanas despois, e xogou o resto de partidos da tempada e dos playoffs.
Tempada 2010-11
O 8 de xullo de 2010, cando LeBron James anunciou que ía xogar nos Miami Heat, Chalmers cambiou o seu número, e escolleu o 15, o número que usaba na Universidade. James fíxose co número 6 que antes tiña Chalmers.[11]
No 5º partidos das Finais da NBA de 2011, Chalmers anotou un tiro dende o mediocampo sobre a bucina do segundo cuarto, para darlle vantaxe a Miami por 31-30,[12] pero os Heat perderían o encontro contra os Dallas Mavericks por 112-103, poñendo así a serie 2-3 favorable a Dallas. Chalmers fixo 15 puntos, 4 rebotes, 2 asistencias e un roubo de balón.[13]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|