Courtney Lee, nado o 3 de outubro de 1985 en Indianápolis, Indiana, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,96 metros de altura, e xoga na posición de escolta.
Traxectoria
Universidade
Xogou durante catro tempadas cos Hilltoppers da Western Kentucky, sendo titular en todos os partidos que disputou. Foi elixido en tres ocasións no mellor quinteto da Sun Belt Conference, e na súa tempada sénior, tras acadar 20,4 puntos, a segunda mellor marca da conferencia e no posto 28 da nación, levou ao seu equipo a disputar os oitavos de final do Torneo da NCAA, conseguindo o premio de mellor xogador da conferencia.[1]
No total da súa traxectoria universitaria acadou 17,6 puntos e 5,2 rebotes por partido.[2] Licenciouse en socioloxía e criminoloxía.
Profesional
Foi elixido na 22ª posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos Orlando Magic, equipo co cal asinou contrato a principios do mes de xullo de 2008. Na súa primeira tempada coma novato cos Magic foi campión da conferencia leste e alcanzou as finais da NBA contra os Lakers perdendo nesa serie por 4-1.
O 25 de xuño de 2009 foi traspasado xunto con Rafer Alston e Tony Battie aos New Jersey Nets a cambio de Vince Carter.[3] Con todo, pouco máis dun ano despois, o 11 de agosto de 2010, foi traspasado aos Houston Rockets, nun traspaso entre catro equipos que mandou a Trevor Ariza ós New Orleans Hornets.[4] Foi presentado oficialmente polos Rockets o 18 de agosto de 2010.
O 20 de xullo de 2012, Lee foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Portland Trail Blazers, os Houston Rockets e os propios Celtics.[5] Lee asinou un contrato por 4 anos con Boston.
O 7 de xaneiro de 2014, os Celtics completaron un traspaso con outros dous equipos, os Memphis Grizzlies e os Oklahoma City Thunder. Boston traspasou a Lee e unha elección de segunda rolda do Draft de 2016 a Memphis a cambio de Jerryd Bayless dos Grizzlies, e Ryan Gomes dos Thunder.[6]
O 31 de xaneiro de 2019, Lee foi traspasado xunto a Kristaps Porziņģis, Trey Burke e Tim Hardaway Jr. ós Dallas Mavericks, a cambio de DeAndre Jordan, Wesley Matthews, Dennis Smith Jr. e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[7] Tras convertirse en axente libre en 2020, Lee asinou de novo cos Mavericks o 11 de decembro de 2020,[8] pero foi cortado antes de comezar a tempada.[9]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|