A National Collegiate Athletic Association (NCAA) é unha asociación composta dunhas 1.200 institucións, conferencias, organizacións e individuos que organizan a maioría dos programas deportivos universitarios nos Estados Unidos de América. A súa sede atópase actualmente en Indianapolis, Indiana.
Historia
A súa predecesora, a Asociación Intercolexial de Atletismo dos Estados Unidos (IAAUS polas súas siglas en inglés), foi fundada o 31 de marzo de 1906 para fixar as regras do deporte afeccionado nos Estados Unidos. A súa creación foi suxerida polo entón presidente Theodore Roosevelt como reacción á súa preocupación pola crecente cantidade de lesións serias e mortes no fútbol universitario. A IAAUS despois converteuse na NCAA en 1910.
Ata os anos 80, a asociación non ofrecía deportes femininos. En 1982, porén, todas as divisións da NCAA ofrecían campionatos nacionais para mulleres.
En agosto de 1973, a NCAA repartiu aos seus membros en 3 divisións: División I, División II e División III. Baixo as regras da NCAA, as universidades da División I e da División II poden ofrecer bolsas aos alumnos por practicar algún deporte. As universidades da División III por outro lado, non poden ofrecer esas bolsas.
A estrutura lexislativa da NCAA está delegada en gabinetes e comités, formados por membros representantes das universidades. Estes, á súa vez, están divididos en sub-comités. Os regulamentos van dende alí ao Consello de Administración, que supervisa todos os gabinetes e comités, e que tamén inclúe a representantes das universidades, coma directores deportivos e asesores académicos. A lexislación do Consello de Administración pasa á Board of Directors, que está formado polos reitores das universidades, para a súa aprobación definitiva.
O cadro de persoal da NCAA proporciona soporte, actúa de guía, contacto, investigación e relación cos medios de comunicación. O presidente actual da NCAA é Myles Brand, antigo director da Universidade de Indiana.
Noutros deportes universitarios que se practican e que non están supervisados pola NCAA, existen organizacións equivalentes que regulan a competición, como por exemplo: