Demetrius Antonio Battie, nado o 11 de febreiro de 1976 en Dallas, Texas, Estados Unidos, é un xogador estadounidense de baloncesto que actualmente é axente libre.
Traxectoria
Logo da súa etapa na Universidade de Texas Tech, Battie foi elixido no quinto lugar do Draft da NBA de 1997 polos Denver Nuggets. Xogou para os Nuggets, os Boston Celtics, os Cleveland Cavaliers, e os Orlando Magic, acadando 6,5 puntos 5,7 rebotes por partido.
O 25 de xullo de 2009 foi traspasado canda Rafer Alston e Courtney Lee aos New Jersey Nets a cambio de Vince Carter.[1] En xullo de 2010 trocou de equipo de novo, pasando a formar parte do cadro dos Sixers.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas