Robert Allen 'Bob' McAdoo, nado o 25 de setembro de 1951 en Greensboro, Carolina do Norte, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense da NBA e adestrador asistente de Miami Heat.
Carreira
Seleccionado en primeira rolda no Draft da NBA de 1972 por Buffalo Braves (agora Los Angeles Clippers) tras dúas tempadas en Vincennes Junior College e unha na Universidade de North Carolina, McAdoo pronto se converteu nun dos mellores xogadores da liga. Na súa primeira campaña gañou o Rookie do Ano e en tres tempadas consecutivas sería o máximo anotador da NBA. Na tempada 1973-74, McAdoo converteuse no último xogador da historia da liga en ter unha media, nunha soa tempada, de 30 ou máis puntos por partido e 15 rebotes. No seu segundo ano, foi nomeado por primeira vez (de cinco) no mellor quinteto da tempada e en 1975 foi galardoado co premio ao mellor xogador da liga (MVP), con 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cunha porcentaxe de 51,2 en tiros de campo e un 80,5 na liña de tiros libres. Para o NBA All-Star Game de 1975 foi o xogador máis votado polos afeccionados con 98.235 votos.
Tras o seu estelar comezo, McAdoo xogou varias tempadas asediado polas lesións en New York Knicks, Boston Celtics, Detroit Pistons e New Jersey Nets. Aínda que estas campañas fosen boas estatisticamente, moitos analistas e admiradores sentiron que a carreira de McAdoo se estancaba, sobre todo porque os equipos nos que militou non competían polo título. Con todo, a final da súa carreira foi cando máis puido gozar, xogando nos Lakers do Showtime dende 1982 até 1985 xunto con Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar e James Worthy, gañando dous aneis. Finalizou a súa carreira en Philadelphia 76ers na 1985-86. Despois xogaría en Italia, no Tracer Milano, sendo considerado un dos mellores xogadores americanos que xamais viu Europa. No seu primeiro ano, liderou ao Milano a gañar o campionato de Italia e de Europa (en dúas ocasións), con medias de 26,1 puntos e 10,2 rebotes por noite. Máis tarde, xogou en Forlì e Fabriano.
A pesar de todo, en 1996 a NBA non lle nomeou un dos "50 mellores xogadores da historia da liga". Actualmente traballa como asistente en Miami Heat.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Xogadores | |
---|
Adestradores | |
---|
Árbitros | |
---|
|
---|
- Adestrador: Pat Riley / Adestradores asitentes: Bill Bertka
- Mike Thibault
|
|
|
---|
- Adestrador: Pat Riley
- Adestradores asitentes: Bill Bertka
- Dave Wohl
|
|